> On 6/1/06, mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
> > Imos ver:
> > XGF está en exames,
> > Leandro Regueiro ten que rematar unhas práticas (lin-no na última
> > mensaxe) Xabier Villar está en exames...
> >
> > a pergunta é: Que idade tedes?

Eu estou en 3º de Físicas. Así que me podes pór 20 ou 21 anos ....  non me 
lembro ben.

Por certo, o que dis de mobilizar a unha empresa para adaptar o hunspell, 
coido que non é moi recomendábel. Éntrase na discusión de sempre: unha 
empresa fai o que se lle demanda en base a un rendemento económico puntual. 
Como na tradución do OO, resulta que agora está o OO 2.0 traducido, mais non 
hai garantías de que se continue a traducir porque habería que volver a 
desembolsar a barbaridade (si, barbaridade por moito que digan por aí algúns 
como Ricardo Galli no blog: ao final traducíronno dúas persoas en menos de 1 
mes e iso non custa 23 millóns de pesetas) que pagaron anteriormente. O 
problema da Xunta é que tentan desenvolver vía empresarial todo o posíbel: 
tradución e implementación, e na tradución non é práctico e na implementación 
é parcialmente práctico para casos puntuais. A riqueza do sw libre radica en 
que o código e as traducións sexa desenvolvido por calquera -> garántese unha 
continua tradución e desenvolvemento non suxeita a intereses económicos 
puntuais (de xeito que non se cubriría o espectro de necesidades completo). 
¿Alguén cre que a Xunta vai pagar por traducir KMail por exemplo, ou 
Thunderbird?  ¿Ou por pagar a tradución da documetación de non sei que 
programiña? Non, e por suposto ou o fan os voluntarios ou se poñen os 
funcionarios tradutores (creo que no I.Ramón Piñeiro estaban dispostos vai 
tempo) a colaborar.



> >
> > Eu 30.
> > --
> > Best Regards
> > MV
> >
> > Public key available at www.keyserver.net
> > GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Trasno mailing list
> > tra...@ceu.fi.udc.es
> > http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a