Ola a todos, Hai tempo que non falo por falta de tempo e pq teño algúns proxectos que estou a rematar.
** Tradución do Firefox/Thunderbird É boa idea ter versións "oficiais" traducida (tela en mozilla.com). Pero como Jacobo e eu sabemos, ter que lidiar coa xente de Firefox é un problema en si mesmo. Se alguén quere montar un proxecto para facer unha tradución oficial (como NAVE en español ou a de softcatalà para catalán) ten todo o meu apoio. Coido que é un bo momento para facelo pq está a piques de saír o Firefox 2. ** Glosario Xa hai un glosario en http://www.galego21.org/doku.php/proxectos:glosario e está nun Wiki. Nestes momentos estou a rematar unha nova versión do glosario baseándome na tradución "oficial" do OOo que semella ser "profesional". A idea é colgar o novo glosario da rede (en formato texto e .po) para que poida ser usado noutras traducións. Ademais, vou ver de coller todos os .po dos proxectos grandes que xa están traducidos (Gnome e KDE) e ver se de alí podo facer outro glosario. ** Programas traducidos No sitio de g21 hai unha lista parcial dos programas en galego: http://www.galego21.org/doku.php/programas Como exemplo, mirade a entrada do poEdit: http://www.galego21.org/doku.php/programas:poedit Esta lista poderíase facer máis ampla para acoller os programas que están a ser traducidos e a información de tradución (tradutor, versión traducida, etc) dos programas rematados. ** Ferramentas de tradución Teño na cabeza facer unha ferramenta web que procure os erros comúns que se cometen cando se traduce. A idea é ter unha serie de regras e aplicalas a ficheiros .po. Exemplo: Regra 1: se ($traducion contén "suxerencia") entón amosar "ERRO: 'suxerencia' é incorrecto. O correcto é 'suxestión'" Regra 2: se ($traducion contén ("ventá", "fiestra")) entón amosar "AVISO: o estándar é usar 'xanela' no canto de 'ventá' e 'fiestra'" Regra 3: se ($orixinal contén "password" e $traducion non contén "contrasinal") entón amosar "ERRO: a tradución de 'password' é 'contrasinal'" Se entende? Pois para facer isto necesito alguén con tempo e coñecementos de PHP (e expresións regulares). Algún voluntario? Tamén sería bo ter unha ferramenta web que traduza ficheiros .po directamente usando o glosario. ** Crear unha ONG, xuntar os proxectos, etc Mmmm ... a historia amosa que isto non funciona. Ademais, o movemento de software libre non ten unha organización nin un proxecto único. Son unha morea de proxectos especializados e separados (e ás veces que fan case o mesmo) que traballan xuntos cando cadra. Saúdos, Roberto ______________________________________________ LLama Gratis a cualquier PC del Mundo. Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto. http://es.voice.yahoo.com _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno