> ** Ferramentas de tradución

-> Xa tiña pensado en facer algún programiña en C++ ou C para automaticamente 
adaptar as traducións á derradeira normativa. Son cousas que fago co KBabel 
cando toco algún ficheiro antigo (mudar *ble por *bel, quitar os sin 
embargos, os grupos cc, etc.) pero que non costa nada implementar nun 
pequeniño programa. 

Non tería problema en facer a implementación e engadir todas as regras de 
erros comúns que dis. Logo o binario pódese implementar nun servidor web sen 
problema, con interface de formularios. Pero resulta máis útil liberar o 
programa para se empregar no ordenador de cada quén.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a