El miércoles,  9 de agosto de 2006 a las 13:23:09 +0200, Leandro Regueiro 
escribía:

> non ese é un problema do Copy&Paste. Igual se repite algunha outra
> vez, por exemplo vin "OpciónsPreferencias de tal" nalgún sitio ó
> copiar "Opcións de tal".

 Ah, é que a axuda emprega un truco para amosar a palabra apropiada segundo
a plataforma. A cousa é que onde en Windows e Linux se di "preferencias", no
Mac dise "opcións", así que na axuda hai definidas unhas poucas entidades
para pór no canto de "preferencia", "preferencias", etc., que se asemellan
a:

<span class="noMac">preferencia</span><span class="mac">opción</span>

 Despois, na folla de estilos da axuda ten unha directiva "display:none"
para a clase "noMac" ou para a clase "mac", dependendo da plataforma na que
se estea a executar a cousa. O efecto é que só se amosa a palabra correcta
para a plataforma, pero o efecto secundario é que ao seleccionar para copiar
tamén se selecciona a palabra que non se ve, e así queda:

OpciónsPreferencias de lingüetas

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a