«Esta listo para instalar? Unha vez que conteste a unhas preguntas, os
  contidos do CD podrán ser instalados na computadora para que asi poida
  arrancar o sistema á maxima velocidade sen o CD.»

 Primeiro parágrafo do instalador dun coñecido sistema operativo; tres erros
ortográficos, un castelanismo e un erro de tradución.

 Deille a instalar en inglés.

 Non digo cal sistema é nin o vou seguir criticando, porque os responsables
da tradución non len esta lista (creo) e, polo tanto, sería inxusto facelo.

 Se lembrades o tipo de cousas que digo cando vexo un erro nunha tradución
(en castelán e en galego), non vos estrañará que vos diga que non uso
software traducido, ¿verdade?

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/

Responderlle a