Ola a todo o mundo!

Fará cousa de medio ano, estivera subscrito a esta lista (máis ben a outra,
creo recordar... tra...@ceu.fi.udc.es, creo que era... bah, da o mesmo). Non
chegara a traducir gran cousa (máis ben o que fixera foi quedar mal, porque
tivera que deixalo ao pouco tempo de meterme... )

O caso é que agora mesmo non teño moito máis tempo que daquela (máis ben ao
revés, pero vaia). Sen embargo...

O asunto é que fai uns días baixei as fontes do icewm 1.2.30 (para xogar un
pouco). Hoxe vin que non había ningún .po para o galego, e paseime por
trasno.net (buf, hai que ver canto tempo facía que non pasaba por alí...), e
tampouco vin nada relativo ó icewm.

Así que... vaia, eso. Voume poñer con el. Espero que lle valla a alguén.
Espero que entre hoxe e mañán se cadra xa poida ter algo feito. Eso se
ninguén di o contrario (se xa hai alguén con eso, buscarei outra cousa)

Vale. Eso. Non prometo nada (vou bastante pillado de tempo... Agora son un
honrado traballador asalariado mal pagado), pero según vaia tendo algún
ratiño libre, vou tratar de ir traducindo algún que outro programa por ahí.
Pero non me vou comprometer a nada, para non volver quedar mal outra vez,
jejeje...

O dito: un saúdo. E voume poñer co Icewm. Cando o teña listo, xa vos
preguntarei a quen llo podo mandar por se o queredes revisar, e tal e cual.

Vémonos!

Responderlle a