Ata certo punto, o que vexo é que cadaquen vai á súa bola. O Termigal
por un lado, a RAG polo outro, e nós intentando atopar saber quen é o
que manda e escollendo entre opcións cando non o deberiamos facer.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

On 6/12/07, dmunhiz <dmun...@gmail.com> wrote:
Arribi:
Penso que son cousas diferentes, "gracias" non é aceptado (é unha
entrada incorrecta) pola RAG, do que se está a falar é de dous termos
válidos e aceptados (lingüeta/separador) que segundo Leandro lingüeta é
mais correcto en canto a significado.
Saúdos


Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


J. Arribi escribiu:
> Ola Leandro:
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>> O certo é que despois de estar eu hai meses mirando cal sería a
>> tradución máis axeitada para "tab" decanteime por lingüeta. Esta
>> opción é correcta, cando menos segundo o meu diccionario de galego. E
>> prefiroa a separador, xa que parece que separa algo, ou aba, xa que
>> creo que non reflicte totalmente o significado de tab.
>>
>> Se a xente de Mancomun prefiriu unha forma que eu creo que leva a
>> confusión, cando menos a min, alá eles. Eu prefiro a tradución
>> lingüeta.
>>
> Nós non escollemos unha ou outra opción terminolóxica. Como xa
> comentamos nalgún correo anterior os termos do glosario están
> sancionados polo Termigal. Nós non somos lingüistas.
>
> Por outra parte, dicirche que me parece moi valorable que cada un use a
> opción que prefira. De feito, eu decidín usar gracias no canto de
> grazas, pero as opcións persoais son iso, persoais. Creo que é moi
> recomendable para o idioma que exista unha institución que uniformice
> como chamarlle aos novos termos, neste caso informáticos, e esa
> institución é o Termigal, non mancomun.org.
>
> Saúdos.
>
> J. Arribi
>
>
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org
> 
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>


--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Responderlle a