Ola Daniel:

Tes razón, "gracias" non está aceptado dende a última normativa pero creo
que o exemplo se entende. Se non, podemos falar dos de sempre:
Ventá/Fiestra/Xanela, Ficheiro/Arquivo..., e un sen fin de etc.

De cara ao usuario é importante chamarlle sempre ás cousas do mesmo xeito,
aínda que opino que prescindir dos outros termos é empobrecer o idioma. Aquí
é onde creo que se deben utilizar as opcións persoais, pero se o Termigal
sanciona computador deberiamos poñernos de acordo para usar todos ese termo
 nos programas.

Saúdos.

J. Arribi


> Arribi:
> Penso que son cousas diferentes, "gracias" non é aceptado (é unha
> entrada incorrecta) pola RAG, do que se está a falar é de dous termos
> válidos e aceptados (lingüeta/separador) que segundo Leandro lingüeta é
>  mais correcto en canto a significado.
> Saúdos
>
>
> Remitente:
> Daniel Muñiz Fontoira
> Eu uso software libre [1]
> [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
>
>
> J. Arribi escribiu:
>> Ola Leandro:
>>
>> Leandro Regueiro escribiu:
>>> O certo é que despois de estar eu hai meses mirando cal sería a
>>> tradución máis axeitada para "tab" decanteime por lingüeta. Esta
>>> opción é correcta, cando menos segundo o meu diccionario de galego. E
>>> prefiroa a separador, xa que parece que separa algo, ou aba, xa que
>>> creo que non reflicte totalmente o significado de tab.
>>>
>>> Se a xente de Mancomun prefiriu unha forma que eu creo que leva a
>>> confusión, cando menos a min, alá eles. Eu prefiro a tradución
>>> lingüeta.
>>>
>> Nós non escollemos unha ou outra opción terminolóxica. Como xa
>> comentamos nalgún correo anterior os termos do glosario están
>> sancionados polo Termigal. Nós non somos lingüistas.
>>
>> Por outra parte, dicirche que me parece moi valorable que cada un use
>> a  opción que prefira. De feito, eu decidín usar gracias no canto de
>> grazas, pero as opcións persoais son iso, persoais. Creo que é moi
>> recomendable para o idioma que exista unha institución que uniformice
>> como chamarlle aos novos termos, neste caso informáticos, e esa
>> institución é o Termigal, non mancomun.org.
>>
>> Saúdos.
>>
>> J. Arribi
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
>> ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org
>>
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego>>
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org
>
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

Responderlle a