Vou preguntar isto mais adiante, cando haxa mais xente na lista, vese que este é mal momento.
Moitas grazas Xabier.
Saúdos

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Xabier Villar escribiu:


2007/7/13, dmunhiz <dmun...@gmail.com <mailto:dmun...@gmail.com>>:

    Ola:
    A cuestión é a seguinte,

    trash: lixo. Tanto no glosario de trasno como no de mancomun.
    junk: lixo. No glosario de mancomun, no de trasno non aparece.
    spam: - . Curiosamente, non aparece en ningun glosario.
    Como se aprecia no glosario do termigal (mancomun) trash e junk=lixo.
    (Matáronse a pensar...)

    Para min, isto leva a confusión, non ten o galego unha palabra distinta
    para estes dous temos do inglés?

    Penso que era bo procurar unha alternativa a unha das dúas.
    Até o de agora junk foi traducido maioritariamente como spam, correo
    lixo (no thunderbird) e tamén como correo non desexado. Trash sempre foi
    traducido como lixo.
    A min persoalmente en lugar de decir o que non é paréceme mais claro
    dicir o que si é. Até o de agora no thunderbir estívose e empregase
    "correo lixo" pero desde o meu punto de vista leva a confusión xa que
    está o lixo e logo correo lixo... lixo, lixo... (demasiado lixo)

    Eu pregúntome se non hai algunha palabra galega que signifique isto "non
    desexado": ¿rexeitado?¿denegado (antónimo de consentir) ¿refusado?
    ¿declinado?...

    Pois o que quería é unha opinión. Pode que estas non sexan boas datas
    para preguntar isto pero hai que intentalo.

    Saúdos



    --
    Remitente:
    Daniel Muñiz Fontoira
    Eu uso software libre [1]
    [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


    --
    To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net
    <mailto:proxecto-unsubscr...@trasno.net>.


Pois unha palabra que me ven á cabeza cando vexo ese tipo de correos, e que ademais pode ser sinónimo de lixo é... merda! XD Pero supoño que non quedará moi ben no glosario... :P.

Xa en serio, das que propós, rexeitado creo que acae ben.


--

Xabier Villar

Responderlle a