O Venres, 13 de Xullo de 2007 13:02, dmunhiz escribiu:
> Ola:
> A cuestión é a seguinte,
>
> trash: lixo. Tanto no glosario de trasno como no de mancomun.
> junk: lixo. No glosario de mancomun, no de trasno non aparece.
> spam: - . Curiosamente, non aparece en ningun glosario.
> Como se aprecia no glosario do termigal (mancomun) trash e junk=lixo.
> (Matáronse a pensar...)
>
> Para min, isto leva a confusión, non ten o galego unha palabra distinta
> para estes dous temos do inglés?

"Junk" é un termo con moitos significados en inglés: 
http://www.m-w.com/cgi-bin/dictionary?book=Dictionary&va=junk
estes significados están relacionados entre si en que son produtos a 
reutilizar, por exemplo, junk son os farrapos cos que se fan estas alfombras 
que estiveron de moda, E tamén son outras cousas que non veñen ao caso.

Neste caso penso que antes de propor unha alternativa deberías perguntarlle 
aos desenvolventes do programa o significado exacto que lle queren dar ao 
vocábulo, e en concreto a diferenza entre "spam" e "junk", dado que aprezo 
que se poden referir a dúas cousas diferentes, sendo "spam" os correos non 
desexados onde se tenta vender algo, e "junk" os correos con caralladas que 
mandan algúns amigotes.

> Penso que era bo procurar unha alternativa a unha das dúas.
> Até o de agora junk foi traducido maioritariamente como spam, correo
> lixo (no thunderbird) e tamén como correo non desexado. Trash sempre foi
> traducido como lixo.

Pois iso, habería que perguntar aos desenvolventes de Evolution e máis de 
Thunderbird o por que usaron este vocábulo.

> A min persoalmente en lugar de decir o que non é paréceme mais claro
> dicir o que si é. Até o de agora no thunderbir estívose e empregase
> "correo lixo" pero desde o meu punto de vista leva a confusión xa que
> está o lixo e logo correo lixo... lixo, lixo... (demasiado lixo)
>
> Eu pregúntome se non hai algunha palabra galega que signifique isto "non
> desexado": ¿rexeitado?¿denegado (antónimo de consentir) ¿refusado?
> ¿declinado?...

A min góstame a palabra: "varreduras", mais non se adapta moito.


-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpmaMHp32OQh.pgp
Description: PGP signature

Responderlle a