Grazas polas respostas.
Eu estaba a pensar no thunderbir, actualmente junk estase a traducir como correo lixo, e trash como papeleira. A min non me convence esta tradución (a de correo lixo) pareceme que da lugar a confusión xa que me da a impresión de que é para enviar correo ao lixo en lugar de indicar que é correo refusado (non desexado). No glosario de mancomun junk mail aparece coma "correo non desexado" pero a min pareceme que é mais claro dicir o que é en lugar do que non é neste caso refusado ou calquera outra palabra que queira dicir que é correo que chega sen permiso.

Neste caso, penso que non é cousa de preguntar aos desenvolvedores o que é, pois eu penso que está claro, senón de atopar a forma (tradución) galega mais axeitada para expresalo.

Saúdos

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


mvillarino escribiu:
O Venres, 13 de Xullo de 2007 13:02, dmunhiz escribiu:
Ola:
A cuestión é a seguinte,

trash: lixo. Tanto no glosario de trasno como no de mancomun.
junk: lixo. No glosario de mancomun, no de trasno non aparece.
spam: - . Curiosamente, non aparece en ningun glosario.
Como se aprecia no glosario do termigal (mancomun) trash e junk=lixo.
(Matáronse a pensar...)

Para min, isto leva a confusión, non ten o galego unha palabra distinta
para estes dous temos do inglés?

"Junk" é un termo con moitos significados en inglés: http://www.m-w.com/cgi-bin/dictionary?book=Dictionary&va=junk estes significados están relacionados entre si en que son produtos a reutilizar, por exemplo, junk son os farrapos cos que se fan estas alfombras que estiveron de moda, E tamén son outras cousas que non veñen ao caso.

Neste caso penso que antes de propor unha alternativa deberías perguntarlle aos desenvolventes do programa o significado exacto que lle queren dar ao vocábulo, e en concreto a diferenza entre "spam" e "junk", dado que aprezo que se poden referir a dúas cousas diferentes, sendo "spam" os correos non desexados onde se tenta vender algo, e "junk" os correos con caralladas que mandan algúns amigotes.

Penso que era bo procurar unha alternativa a unha das dúas.
Até o de agora junk foi traducido maioritariamente como spam, correo
lixo (no thunderbird) e tamén como correo non desexado. Trash sempre foi
traducido como lixo.

Pois iso, habería que perguntar aos desenvolventes de Evolution e máis de Thunderbird o por que usaron este vocábulo.

A min persoalmente en lugar de decir o que non é paréceme mais claro
dicir o que si é. Até o de agora no thunderbir estívose e empregase
"correo lixo" pero desde o meu punto de vista leva a confusión xa que
está o lixo e logo correo lixo... lixo, lixo... (demasiado lixo)

Eu pregúntome se non hai algunha palabra galega que signifique isto "non
desexado": ¿rexeitado?¿denegado (antónimo de consentir) ¿refusado?
¿declinado?...

A min góstame a palabra: "varreduras", mais non se adapta moito.


Responderlle a