Bs!. Ca dimensión que ten KDE4 estar no 17 é xa todo un éxito!. 

E grazas, mais a miña aportación sendo modesta, vaian as felcitacións para 
vós. 

Aparte diso, volvín a carga nestas semivacacións miñas e rematarei Kopete 
(case o teño), dolphin (está), revisarei Konqueror e revisei xa na base 
algunhas partes de "plasma_applet_". Podería chegar a revisar amaroK ou 
Koffice se teño tempo. Estou facendo isto porque creo que a estas alturas é 
ben deixar aplicación críticas rematadas, e iso quere dicir moi especialmente 
plasma!. Se entro en conflito con alguén que me avise que non pasa nada.

É unha peña que K3B non se fixera, pero é moi grande. Se alguén se atreve que 
lle menta o dente. Igualmente Kontact... (Kpim) necesita unha boa revisión. 

O Wednesday 26 December 2007 09:23:23 mvillarino escribiu:
> O Luns, 24 de Decembro de 2007, Xabi G escribiu:
>
> On Wednesday, 26 de December de 2007, you wrote:
> > Comunico a Marce e Miguel que xa subín as súas cousas e que a cousa queda
> > nun modesto 17º posto, entre o Francés e o Gaélico Irlandés, con 76000
> > mensaxes traducidas. Por iso pido un bravo para estes dous traballadores.
>
> Impresionante, non mo dou crido, hoxe scripty sinala un 70,8% traducido,
> pero eu na miña copia local de traballo, de hai unhas tres semanas, teño
> praticamente un 83% completo, sen contar co de miguel.

Responderlle a