Subín de novo máis cousas e de paso probei o KDELiveCD. A verdade, é abraiante, non ten nada que ver co anterior. Está moito máis pulido en cuestións de usabilidade, ten as opcións xustas de configuración, ás que se accede doadamente e, o mellor é a velocidade, vai máis rápido, con diferencia, mesmo lido dende un CD, que o actual KDE3, e facendo uso das novas caralladas que fai o KWin co "composite", ao estilo de Compiz. Fíxose moito fincapé na usabilidade e se nota, non é a habitual sobrecarga da interface (e mal gusto decorativo) á que nos tiñan acostumados os de KDE.
Por outra banda, espero que neste par de semanas lle metan algo a man porque precisa dun pulimento gordo, de "Release Candidate" non tiña nada, máis ben de Beta.