On Tuesday 02 September 2008 09:09:29 mvillarino wrote:
> b) Darlle axuda a xosé con kdepim, se este a pide.

Si, claro, eu estou agora coa documentación (é moito máis fodida que as 
interfaces: nestas hai moitas mensaxes do tipo "Aceptar", "Ficheiro", "Abrir" 
e na documentación son sempre textos máis longos para os que non che axuda o 
programa de tradución). Na documentación hai moitísimo por facer e animo a 
todos a que se metan nela. Normalmente ao traducir vou comprendendo cousas que 
non entendo ben cando traduzo a interface, porque veñen explicadas. O que fago 
é i-las anotando e cando acabo facer as modificacións no texto da interface.

Xosé

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

Responderlle a