2008/9/15, Miguel Branco <bandu...@gmail.com>: > Ollo, non sei se estades ó corrente: aplicando o merge_all.sh a consola > escúpeme isto:
a min non, e aliás os pre-commit hooks non permiten entregar no repositorio ficheiro po algún que non estexa ben formado. > son todos erros por actualizar con Kdesvn ous así o cartafol cos .pos. Pode ser. O que aconteceu é que había conflitos entre a versión que tiñas na túa copia local e a do repositorio. Para arranxalo á maneira fácil: svn revert gl/docmessages Á dura podes tirar de kdiff3 (empregando para cada un o *.po.mine o *.po.rXXXXXX co XXXXXX máis alto, e facendo a fusión en .po Para non teres de novo este problema, recoméndoche que, a non ser que exerzas de coordinador, nunca actualices o repositorio <gl> No canto, actualiza o templates, e fai un ./scripts/merge_all.sh gl Outra opción, se és coma min, güevon, é obter unha copia do repositorio svn://anonsvn.kde.org/home/KDE/trunk/l10n-support/gl (escrebe na barra de enderezos de konqueror tal enderezo) onde hai un directorio coordinator_helper_scripts hai (ou vai haber): trasno_firsttime.sh anovar.sh empaquetar.sh [outros] axuda.txt Le axuda.txt, e se che interesa: cópiaos e executa trasno_firsttime.sh (konsole: bash /rota/a/trasno_firsttime.sh) entón, para anovar o único que haberá que facer é "anovar.sh" (xa o engade á $PATH, se a túa shell é bash). Nota: estás en probas, pero a min aínda non me escacharráron nada.