No caso de nomes de lugar traducibles, que é o máis aconsellable?

- Non traducir nada
- Traducir unha parte
- Traducir todo

Como exemplos vos poño dous que me xurdiron:
- Blackwater Port / Porto de Blackwater (tradución actual, e a que máis me 
convence) / Porto de Auganegra
- Bay of Pearls / Baía de Pearls / Baía das Perlas (a que máis me gusta, pois 
a historia vai de que escravizan aos habitantes sirénidos e teñen que recoller 
perlas)

Responderlle a