Efectivamente, "nova" e "noticia" poden ser sinonimos, exatamente igual que
en espaæol ou portugues, ainda que hai diferenzas estilisticas. Nesas duas
linguas, poren, "nova" usase moito menos, porque pertence a un rexistro mais
literario ou menos neutro. Na minha opinion, "nova" usase de maneira
indiscriminada en galego por diferencialismo (ou sexa = dependencia), o cal
para min e absurdo (simplemente para que soe mais galego, porque "noticia"
en galego e igual que "noticia" en espaæol e "nova" en galego non soa igual
que "noticia" en espanol), ao igual que pasa con "verba" en vez de "palabra"
(como se palabra non fose igual ou mais galego, ou lexitimo), ou tantas
outras, ainda hoxe en dia. Esa e a minha humilde opinion.

Desculpas pola falta de acentos e enhes.

http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=nueva
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=45801&opcion=entrada
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=45830&opcion=entrada

Saude, Manuel

2008/9/23 damufo <dam...@gmail.com>

> >> Nunha nota á marxe, "novas" ou "noticias"?
>
> Penso que son sinónimos, eu usei durante anos nova, pero ultimamente doume
> por usar máis noticia, mais que nada porque ten menos usos.
> Algunha outra opinión?
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a