Xa o podedes ler no dot.kde.org, acaba se publicarse KDE 4.1.2.
Para os amantes das estatísticas, a tradución ao galego está completa no 
99,87% da gui, e no 7,88% da documentación.

Os principais puntos fracos que temos son os das anteriores veces, mais desta 
vez moi minguados, grazas ao traballo de Xosé Calvo, Miguel Branco e Manuel 
Vázquez.

KDE 4.2 sairá, deus mediante, a finais de xaneiro de 2009 (en ppio o día 27).

Nun universo ideal deberíamos prantexarnos os seguintes fitos para antes desa 
data:

-Manter koffice no 100%, polo menos os programas que sairán na 2.0.

-Estar en condicións por ktuberling (o home pataca) no 100%. Isto implica 
atopar a alguén con voz anxelical, e gravar unhas poucas palabras nuns 
ficheiros

-Manter completado kdepim (recentemente puxéronse 120+ mensaxes dubidosas dun 
plumazo), e ir acabando a documentación deste. Neste eido, os azos de Xosé 
Calvo merecen mención á parte, sendo nestes momentos con moita diferenza a 
persoa que máis contribuiu á tradución de documentación.

-Eu irei dándolle aos outros módulos para manter a posición. Non vos fagades a 
ilusión de ter unha das medallas, as estatísticas indican que o resto dos 
equipos veñen vindo, e a letra "g" non é das primeiras do alfabeto...

-Polo demáis pouco podo dicir. Cando preguntades o que facer xa non sei que 
contestar, á parte da documentación.
-- 
Best regards,
MV

Reply via email to