O Xoves 27 Novembro 2008 18:51, Leandro Regueiro escribiu:
> Recoñezo que me cazaches (iso se realmente non inventaches ti todo
> iso, heino comprobar). Por outra parte supoño que non negarás que o
> uso dunha "picklist" (algo que teremos que meter no glosario :)) é moi
> aconsellable.
Si, se es capaz de facer unha lista con todas as funcións gramaticais, casos 
etc que hai nos diferentes idiomas, e facer que o resultado sexa empregábel.

> Um, pode ser. Pero tampouco ten sentido ter un langSet por cada termo
> (tradución), xa que ademais de complicar todo bastante, fai que sexa
> menos comprensible e que ocupe máis.
Depende, se lle metes información <admin>, por ex. o proxecto do que ven 
(<admin type="projectSubset">KDE</admin>, podes implementar o mesmo que 
fixemos con plugin, i.e. que cada un siga a facer o que mellor lle conveña, á 
vez que delimitar o campo.

> >> Respondeu Sharostoff sobre por que escolleu <ntig>?
> >
> > Non, aínda non lle escrebín.
>
> Xa me tardas :)
Feito, agora a agardar un par de semanas (non é broma)

> > E xa postos, e non sería mellor colaborar con Nuno Veloso ?
>
> Eu xa estou a elo. De feito debe estar ata os collóns das
> recomendacións (lease recriminacións) que lle levo facendo estes días.
> Supoño que unha boa idea, se non te queres poñer a picarlle código,
> seria probarlle o sistema de probas que ten, para darlle consellos. O
> sitio de probas está en http://eremita.di.uminho.pt/terminologia/
Hei-no fazer, o de escrever código quase que cho deixo a ti, que és o que 
estuda cc. da computaçom (±). De qualquer jeito, se nom fôr pola grande 
quantidade de novas mensagens que ha para 4.2 (help, please) havía adicar-lhe 
tempo.

E deixo o fio, que estamos na 10ª ou assi mensage em profundidade, e non 
tiramos nada produtivo.

-- 
Best regards,
MV

Responderlle a