Eu vexo ben tanto "indicador" coma "marca". Incluso poderia haber
outras opcións. Ademais está "bandeira", claro, pero noutros
contextos.

Unha consulta rápida do open-tran devolve:

bandeira
marca
indicador
parámetro


Vexo que en KDE úsase moito bandeira, e que en Gnome tenden a usar
parámetro e marca. Indicador é de Debian. Vendo os diferentes
contextos nos que se usa "flag", penso que nalgúns o mellor é usar
"parámetro" (flags para compilar algo p.ex.), "marca" (pode que no
contexto dun sistema de ficheiros que sinalou Marce), "indicador" (no
mesmo contexto anterior). Ademais temos "bandeira" (dun país p.ex.).

Por certo, no open-tran vin que nunha tradución do KDE úsase "andeira"
o que penso que é un erro. Así que mirade a ver se está ou non está
nas traducións actuais.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Reply via email to