O Mércores 24 Decembro 2008 19:28, rav...@edu.xunta.es escribiu: > Ola, MVillarino: Olá,
> Antes que nada, dicir que poño 'MVillarino' porque non sei como te chamas > exactamente :-( O mesmiño me dixeron en debian, así que agora poño Marce Villarino (de Marcelino) > Preséntome: son [...], un profesor de Electrónica (Sistemas > Electrónicos) no IES [...] de [...]. > > Estou interesado na introdución e uso na aula do programa Kturtle, Macanudo! Neste sentido, debo lembrar que os desenvolventes non roen, calquera tacha que teña o programa estarán encantados de arranxala, no caso de teren tempo. > a versión para kde4, que é a 0.8.x, non está traducida Agora si, xa as últimas versións de kde 4.1 están completas, e para 4.2 sairá completo (D.m.). > Se por algunha razón non podes continuar co traballo, non me importaría > seguir con el. Sempre estamos abertos á entrada de novos colaboradores, somos os últimos tradutores que tocamos os ficheiros, non os donos das traducións. Simplesmente anótate na lista de correo do proxecto Trasno e envía unha mensaxe cun asunto tal que «[KDE] Pídome kturtle». > No correo-e ao que fago alusión, deixas a tradución dos comandos. Aquí te > deixo a tradución alternativa a algún deles, e porqué considero que é máis > adecuada en cada caso: Vale, sigo nun correo á parte. > Outra razón en contra é que as tils ás veces dan problemas. Eu xa os tiven > cando usaba programas para Qt (KDE) desde Gnome (Ubuntu), como kopete e > facturalux, por exemplo. Podes descreber os problemas? > Hai tamén un aspecto que considero de vital importancia na tradución do > Kturtle, e é que os comandos non deberían ser retraducidos nas revisións > que sigan, pois son palabras que os (cativos) programadores usarán > independentemente da versión de Kturtle que estean a usar. Se en cada > revisión ou nova tradución de Kturtle que fagamos cambiamos algúns > comandos, crearemos unha grande confusión, que debería evitarse. Por iso > sería importante ter as cousas claras no que respecta aos comandos, e de > ser posible buscar a opinión de máis xente. Completamente de acordo. > > Tamén sería interesante traducir a axuda. Como te digo, estou interesado en > traballar duro sobre esta aplicación. Xa está. (E non vexas o cristo que é garantir que as traducións dos comandos na gui e na documentación sexa a mesma) -- Best regards, MV