O Xoves 25 Decembro 2008 13:34, Marce Villarino escribiu:
> Vale, sigo nun correo á parte.
Aquí volvo.
Un asterisco na primeira coluna indica diferenzas entre a versión actual (ver 
websvn.kde.org/[trunk|
branches/stable]/l10n-kde4/gl/messages/kdeedu/kturtle.po?view=log) e a 
proposta.
COMANDOS
        Orixinarios             «versión actual»                «versión ravila»
        true                    certo                           certo
        false                   falso                           falso
        , (separador de lista)  ,                               ,
        . (separador decimal)   .                               .
*       exit                    remata                          sair
        if                      se                              se
*       else                    noutro_caso                     senon (máis 
curta e sen usar guión baixo (nin til))
*       repeat                  repite                          repetir
        while                   mentres                         mentres
        for                     desde                           desde
*       to                      ate                             ata (neste caso 
só é unha alternativa, mais sen til)
*       step                    en_pasos_de                     paso (máis 
simple)
*       break                   sair_do_bucle                   sairbucle (máis 
simple, e sen guións baixos)
*       return                  devolve                         voltar
*       wait                    agarda                          agardar
        and                     e                               e
        or                      ou                              ou
        not                     non                             non
*       learn                   aprender_a                      aprende (máis 
simple, e sen guión baixo)
*       reset                   reinicia                        reiniciar
*       clear                   borra                           limpar
        center                  centrar                         centrar
        go                      ir                              ir
        gox                     irx                             irx
        goy                     iry                             iry
*       forward                 avanzar                         avanza (penso 
que é millor imperativo que infinitivo)
*       backward                recuar                          recua (idem que 
anterior)
*       direction               dirección                       direccion (sen 
til)
*       turnleft                xirarEsquerda                   xiraesquerda 
(imperativo e evita maiúsculas)
*       turnright               xirarDereita                    xiradereita 
(imperativo e evita maiúsculas)
*       penwidth                anchoLapis                      ancholapis 
(evita maiúsculas e sen til)
*       penup                   subirLápis                      levantalapis 
(imperativo, evita maiúsculas e sen til)
*       pendown                 baixarLápis                     baixalapis 
(imperativo, evita maiúsculas e sen til)
*       pencolor                corLapis                        cortrazo (evita 
maiúsculas)
*       canvascolor             corLenzo                        corlenzo (evita 
maiúsculas)
*       canvassize              tamañoLenzo                     tamañolenzo 
(evita maiúsculas)
*       spriteshow              mostraSapoconcho                
mostrasapoconcho (imperativo e evita 
maiúsculas)
*       spritehide              agochaSapoconcho                
agochasapoconcho (non é agochar, no canto de 
acochar? Non estou seguro. Como outras, penso que mellor en imperativo e 
evitando maiúsculas)
*       print                   escrebe                         imprimir 
*       fontsize                tamañoLetra                     tamañoletra 
(evita maiúsculas)
        random                  aleatorio
*       getx                    posiciónX                       achax (getx 
(gety) acha o valor de x (y), polo que penso 
que é mellor usar 'acha'; o do imperativo podería poñerse aquí tamén en 
infinitivo: acharx (achary). Ademais non usamos maiúsculas nin tils)
*       gety                    posiciónY                       achay (ver getx)
        message                 mensaxe                         mensaxe
*       ask                     pergunta                        perguntar
        pi                      pi                              pi
        tan                     tan                             tan
*       sin                     seno                            sen (En 
castelán úsase sen para seno. En galego úsase sen, 
nonsi? Pergunto, pois non o sei de certo)
*       cos                     coseno                          cos             
                
*       arctan                  arcotanxente                    arctan          
                
*       arcsin                  arcoseno                        arcsen (ver 
sin, un pouco máis arriba)
*       arccos                  arcocoseno                      arccos
        sqrt                    raiz                            raiz (sen til)
        exp                     exp                             exp
        round                   redondea                        arredondar 
(penso que é a tradución correcta, e é 
coherente coa tradución da función ARREDONDAR, de OO.org Calc)
A tradución do OO.org está mal. Segundo o irindo:
redondear:
1 v t Dar forma redonda a unha cousa
2 v t Prescindir nunha cifra ou cantidade daquilo que excede o número que se 
expresa para ter en conta unha de orde superior

arredondar:
v t Dar forma redonda a algo.

No das maiúsculas e tiles, non vexo impedimento. No seu momento escollin o 
CamelCase estilo lowerCamelCase non sei ben porque, supoño que para reservar 
oUpperCamelCase para os nomes de accións que se engadan mediante 
o "aprender_a" (ou como quede). Se alguén ten obxeccións, que fale agora ou 
cale para sempre.

No que se refire ao tempo verbal, infinitivo ou imperativo, aquí hai que ver 
antes como queda o código (todo en minúsculas nos exemplos, tomados da 
documentación, nota: merda, na documentación non os teño actualizados, que xa 
mudei antes de estilo, antes eu tamén empregaba o imperativo):
Exemplo 1:
        aprender_a faiCirculo $X {              aprende FacerCirculo $X{
          repite 36 {                             repetir 36 {
            avanzar $X                              avanza $X
            xirarEsquerda 10                        xiraesquerda 10
          }                                       }
        }                                       }
        ir 200,200                              ir 200,200
        faiCirculo 20                           FacerCirculo 20
        
        ir 300,300                              ir 300,300
        faiCirculo 40                           FacerCirculo 40

Exemplo 2:
        $x = 1                                  $x=1
        mentres $x < 5 {                        mentres $x < 5 {
          avanzar 10                              avanza 10
          agarda 1                                agardar 1
          $x = $x + 1                             $x = $x + 1
        }                                       }

Exemplo 3:
        reinicia                                reinicia
        $x = 4                                  $x = 4
        se non 5 > $x {                         se non 5 > $x { #xa sei que ter 
unha pinta porca de todo
         escrebe "x é maior que cinco!"          imprimir "x é maior que cinco!"
        }                                       }
        noutro_caso                             senon #nota: seguro que é 
correcto aquí "senón"?
        {                                       {
          escrebe "x é menor que seis!"           imprimir "X é menor que seis!"
        }                                       }

Exemplo 4:
        repite 36 {                             repetir 36 {
          avanzar 5                               avanza 5
          xirarDereita 10                         xiradereita 10
          agarda 0.5                              agardar 0.5
        }                                       }

Segundo estes exemplos, para as ACCIÓNS INCORPORADAS, si parece mellor o 
IMPERATIVO para as accións incorporadas, EXCEPTO "learn" e posibelmente 
outras, como "exit", "break", "center" e as "go, gox e goy".

ANÁLISE de diferenzas:

STEP:
desde <userinput>ponto inicial</userinput> ate <userinput>ponto final</
userinput> en_pasos_de <userinput>tamaño do paso</userinput> { ... }

desde $x = 1 ate 10 en_pasos_de 2 { #algo mal si que semella
  escrebe $x * 7
  avanza 15
}

desde $x = 1 ate 10 paso 2 { # tampouco me convence

        QUE TAL: desde $x = 1 ate 100 pasando 4 {...} ?

BREAK:
Termina de imediato esta volta ao bucle e transfere o control á instrución 
que vai despois do bucle
desde $x = 1 ate 10 pasando 2 {
  escrebe $x * 7
  avanza 15
  se $x > 5 {
    sair_do_bucle | sairbucle | sair #ups, "sair" iría con exit. Vid infra.
  }
}
#saimos para aqui, o último que escrebe é 35.
borra

EXIT:
Finishes the execution of the code.
Remata a execución do código.
        QUE TAL: empregar "fin" para "exit", e "sair" para "break"

GO, GOX, GOY:
<userinput>ir</userinput> fai que o sapoconcho vaia a un lugar concreto do 
lenzo. Este lugar está a X <glossterm linkend=\"pixels\">píxeles</glossterm> 
do borde esquerdo do lenzo e a Y <glossterm linkend=\"pixels\">píxeles</
glossterm> da parte de riba do lenzo.
        QUE TAL: empregar "vai", non canto de "ir", como estaba nun principio?

CENTER:
<userinput>center</userinput> moves the turtle to the center on the canvas.
Esta pode ser un pouco máis complicada, pero un "vaiaocentro" pode valer.


ALCUMES DOS COMANDOS (abreviado)
        ccl (clear)             br                              lp
#NOTA: é que no canto de limpar, vai borrar, dado que segundo a documentación,
Con <userinput>borra</userinput> pode borrar do lenzo todos os debuxos. As 
demais cousas fican: a posición e ángulo do sapoconcho, a cor do lenzo, a 
visibilidade do sapoconcho, e o tamaño do lenzo.

        bw (backward)           rc                              re (cecáis é 
máis fácil de lembrar para os/as 
rapaces/zas)
#NOTA: Vale, se non hai obxeccións mudareino para "REcuar"
        pu (penup)              sl                              ll (se a 
tradución a cambiamos de subirLápis a 
levantalápis, teríamos que cambiar sl a ll, naturalmente)
#NOTA: prefiro subir que levantar. Tamén, igual que para todo, quen o empregue 
manda.

NOTA FINAL: hai un grupo "kdeedu-kturtle" ou así, en google groups, ao que se 
deberían subscribir os mestres interesados en utilizar Kturtle. Hai 
discusións interesantes, como a de converter os comandos de kturtle en 
accións de robots, erros na linguaxe e cousas así.


Como me estirei un pouco de máis, farei un terceiro correo cunha proposta 
revisada.
-- 
Best regards,
MV

Responderlle a