> O Domingo 28 Decembro 2008 11:04, alguén escribiu:
> (Perdón por responder en público a un correo privado)
>
> > Eu no [...] en [...] empreguei:
> > Para seeders -> Pares que comparten
> > Para leechers -> Pares que só descargan
>
> Deixando á parte que tanto «parceiro» como «par» co significado este son
> máis ben arcaísmos...
>
> No seu momento, descartei empregar «par» (alguén que ten a mesma posición
> _social_ que outro), dado que eu e as persoas coas que comparto mediante o
> bittorrent/etc cousas como por exemplo os discos de instalación de FreeBSD
> (aquí debería tosir un pouco), non somos por norma xeral iguais
> .
> Porén, parceiro ([irindo] persoa coa que se comparten propriedades,
> negocios, intereses ou divertimentos; [estraviz] adj. Igual, semelhante,
> par. s. m. (1) Pessoa com quem se comparte um negócio. Sócio. (2)
> Companheiro, consorte. (3) Cúmplice. (4) Pessoa com quem se joga. Sinóns.
> Associado, companheiro, par) paréceme unha descrición moito máis directa do
> significado:
>
> Parceiro meu sería quen, por exemplo, me deixase o texto da norma
> EN-15038:2006 para lelo eu tranquilamente na casa.
> (Debín agarrar un catarro con tanta xeada, que moita tose teño eu hoxe)
:-) Moi ben, "parceiro" queda.

Responderlle a