>>>>>>> Widget, Gadget, Desklet e ata certo punto Plasmoids refírense o
>>>>>>> mesmo concepto só que producido con distintas tecnoloxías. Deberíase
>>>>>>> usar un termo xenérico para todos eles ou mellor non traducir?.
>>>>>>
>>>>>> Plasmoid estivenno traducindo como "Plasmoide", widget como tal ou
>>>>>> "elemento (visual)", desklet non me sona (aplique?) e gadget
>>>>>> tampouco.
>>
>> desk é mesa, asumamos que sería "trebello do escritorio" ou algo así.
>>
>>>>>>> 'aplicacionciñas' aparece xa en KDE cun significado similar pero
>>>>>>> resulta un tanto complicado pero non dou acertado con nada mellor.
>>>>>>
>>>>>> si, para applet (excluídas as java applets, que foron deixadas como
>>>>>> "applet")
>>>>>
>>>>> Eu tamén tiña docklet por aí na lista de pendentes.
>>
>> dock vai por "empotrado", ¿non?
>>
>>>> Efectivamente, tamén Docklet, inda que é algo distinto o caso.
>>>>
>>>> Gadget úsano en Windows aghora,por eso de non lle chamar Widgets coma
>>>> Apple
>>
>> gadget é un "cachivache", un trebello.
>>
>>>> :) En Gnome fan algho parecido e chamanlle desklet ó que se sacaron da
>>>> mangha en canto viron Plasma en KDE. (Odio Gnome con toda a miña  enerxía
>>>> así que podedes omiti-lo comentario).
>>
>> Os plasmoides son miniaplicacións que usan plasma. Literalmente, son
>> widgets
>> que poden facer o mesmo onde os sitúes que o que farían os widgets
>> respectivos
>> dentro de aplicacións "normais". Por exemplo, visores de arquivos,
>> consultores
>> de información en internet...
>>
>>>> Logho, Plasmoid non creo que se deba traducir xa que é unha tecnoloxía
>>>> e asi sucesivamente con outras alternativas.
>>>>
>>>> Pero conceptualmente todos producen o mesmo: un programa 'sinxelo' que se
>>>> acomoda no escritorio (menos os gadgets que os encastraron nunha barra
>>>> lateral para disimular). Así que se alghunha ves se hai que referir a
>>>> eles en conxunto?. Esto é meramente teórico pois non mo atopei
>>>> traducindo, non sendo widget.
>>>>
>>>> Propoño 'Trebellos'; especialmente para Widget que se soe usar para
>>>> nomear a todo o conxunto destes.
>>>>
>>>> <<trebello s.m. 1. Xogo, enredo de carácter sexual. Divertíanse con
>>>> trebellos pícaros. 2. Trampa de ferro para cazar animais, apresándoos
>>>> polas patas. Colleu un raposo no trebello. 3. Aparello ou útil
>>>> empregado
>>>> nunha determinada actividade. Rematou o traballo e gardou os trebellos
>>>> nunha caixa. Roubáronlle os trebellos de pescar.>>
>>>
>>> Acabo de ver esta mensaxe buscando onde se falara sobre widgets. Acabo
>>> de ver que nas traducións de Miguel Anxo Bouzada usou "chintófano".
>>>
>>> Por certo, isto esta pendente de colgar no glosario de Trasno.
>>
>> Trebello (de escritorio) semella adaptarse a ditos usos xenéricos. Un
>> plasmoite, calqueira dos "desklets" de GNOME... Por que ninguén propón
>> algunha palabra nova, do tipo "gnomtrebello" ou algo así?? XDD
>>
>> Widget é máis xeral e non debe confundirse. Un widget é un elemento visual
>> para interactuar cunha función ou aplicación dende o entorno gráfico de
>> turno.
>> Un conxunto típico de widgets é o gtk, coma o qt. Os plasmoides serían un
>> exemplo de uso de widgets tomando características de gtk (por exemplo, un
>> plasmoide é unha aplicación independente, co seu aspecto visual, as súas
>> funcións e os seus atributos propios, e non precisa ir en outro widget de
>> tipo
>> fiestra). Así, un botón de rexeitar, un menú ou unha barra deslizante, por
>> exemplo, son widgets de conxuntos (set) concretos.
>
> Retomo este fío xa que xordeme a dúbida da trad de widget:
>
> <i>Tip: try editing /etc/PolicyKit/Policy.conf and see the proxy widgets
> update in real-time.</i>.
>
> Estou a tradudir "widget" por chintófano e "applet" por miniaplicación
> Entendo que "desklet" sería miniaplicación de escritorio
>
> Alguén propuxo o termo "trebello" que non me disgusta
>
> Creo que sería bon tratar de concordar os termos e poñelos no glosario

Acabo de ver agora mesmo que por fin actualizaron as bases de datos de
open-tran e baixeinas, fixen unha consulta e devolveume estes
resultados:

widget --> 165
GNOME:  75
KDE:  78
SUSE:  11
XFCE:  1

elemento --> 37
KDE:  37

Noutras 13 cadeas faise unha tradución libre evitando traducir widget.
Fixen tamén unha consulta ca base de datos vella e usábase tamén a
tradución "compoñente".

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a