Karl García Gestido escribiu:
O Xoves 16 Abril 2009 16:07:51 Leandro Regueiro escribiu:

Non sempre se pode atopar unha tradución que vale para todo. Haberase
que ir adaptando ó contexto e usar a mellor tradución segundo sexa un
contexto ou outro.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro
Polo que a min respecta, o inglés é menos preciso e máis flexible que o galego. Así, namentres un termo calqueira pode significar varias cousas dependendo do contexto, en galego cada contexto pode dispor dun termo diferente.

Creo que o que hai que ser, en todo caso, é flexible, tratar de non reinventar a roda, anque engadindo os matices que no noso idioma poidan ser utis.

O conxunto de elementos de QT, por exemplo, non é o mesmo que o widget set de QT. Un "widget set" é un conxunto de elementos moi definidos. Aquí, a traducción dun termo inglés perde un matiz importante, non importa o correcto que sexa. Gústame "trebellos" para os widgets independentes, tanto plasmoides como outros desklets, porque son iso, trebellos, pero no contexto da programación debera manterse un termo máis xenérico. Creo que se non podemos traducir widget de forma apropiada, podemos adoptalo e andando :)

De calqueira xeito, unha discusión coma esta é extrapolable a moitos outros termos da especialidade informática, onde os ingleses inventan os termos a medida que os precisan. Creo que a única maneira de facer que un idioma poida ter o seu lugar natural na informática é se pode facer o mesmo, é dicir, criar nomes mediante acrónimos e similares para as diversas cousas que van xurdindo. Así, "correo-e" seméllame un nome razoable para "e-mail" nun contexto xeral, namentres que pode usarse "correo" para o uso específico. Así, "teño un correo que inda non vin. E é que dende que implantamos o correo-e como plataforma de comunicación dentro da empresa, estamos moito máis atarefados. Pobriños de nós como se adopte algo coma o Twitter!!!".

Estou de acordo en que ten que haber flexibilidade para crear novos termos, sempre e cando non existe un xa. isto leva a que sería bo que houbese quen se adicase a isto e poder consultalo e pedir a xeración dun novo, mais penso que de momento isto non existe. Por outra banda, os novos termos penso que deberían manter a uniformidade en canto a regras, desde o meu punto de vista, converter unha lingua en máis irregular do que o é non é nada positivo e dificulta a aprendizaxe.
licenza, preferencia, cal é a regra?
club, clubs
récord (de mellor marca), récords?? pareceme incrible que en galego non exista unha equivalencia (plusmarca?). penso (e xa me estou a meter onde non me chaman) que os novos termos a incluír han de contribuír á norma e non a irregularizar a lingua.


Así "QT é un conxunto de widgets que permiten desenrolar
desenvolver, desenrolar é outra cousa,
 aplicacións gráficas
independentes, trebellos para o escritorio ou tamén serven de base para as librerías de KDE".

Saúde!!
idem

Reply via email to