O Xoves 16 Abril 2009 15:10:23 Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> Ola Karl,
>
> Eu só me refiro ao correo orixinal de Miguel, no que pregunta polos
> termos "Upload/Download en aplicativos p2p". Coincido contigo en que
> "downloads", non se debe traducir por "baixadas".
>
> Respecto á subida e baixada, o uso dos termos non se restrinxe ao acceso
> a servidores: tradicionalmente a canle de subida é a que vai cara a
> rede, e a de baixada a que entra da rede. Desde o meu punto de vista non
> hai diferencia entre falar de redes P2P ou redes cliente/servidor.
>
Precisamente nas redes P2P a metáfora impide o uso correcto (por moito que 
sexa habitual). A descarga mediante P2P debera referirse como "sistema de 
compartición de arquivos", e precisamente a característica é a igualdade 
relativa entre os distintos membros. Así, non existe nestas redes nada 
semellante ao entorno cliente/servidor dos vellos tempos, nin sequera algo 
superposto á rede como a tan de moda "computación en nube". O único que hai é 
uns equipos que están ao mesmo nivel compartindo arquivos mediante a 
simultánea cesión e recepción de anacos do arquivo a compartir. Na metáfora 
cliente/servidor, pola contra, o servidor está "enriba" dos clientes 
(represéntanse en forma de árbore invertida)...

De feito hai por ahí algunha proposta de tratar a rede como un sistema de 
arquivos local, o cal dificultaría aínda máis o uso da metáfora arriba/abaixo.
> Saúdos.
>     Felipe.
>
> Karl García Gestido wrote:
> > Acordo coa proposta de Miguel e estou en desacordo co que di Felipe.
> > Estou por atopar a primeira páxina web onde no canto de "descargas" se
> > fale de baixadas (que as haberá). Subir/Baixar é o único par que non ten
> > senso no contexto que tratamos. Se esa fora o significado, en inglés
> > sería "up" e "down", o cal en ocasións puntuais é así pero na xeralidade
> > non.
> >
> > Como matiz, a 2ª opción é máis do meu agrado. Nun contexto P2P o único
> > que se descarga realmente é o ficheiro que contén os datos para a
> > descarga. Así, os fares intercambian información (por definición, entre
> > iguais), de maneira que un cede información a cambio de recibir outra.
> >
> > Asi, descarga sería o acto de opter arquivos dalgures dentro de internet,
> > namentres que ceder/recibir é a maneira de funcionar das redes P2P (no
> > que cada quen actúa á vez como cedente e como receptor....  millor dito,
> > un "seeder" é aquel que actúa como cedente en dita descarga, nametres un
> > "leecher" é quen actúa como receptor.... vaites, axústase ben :) )
> >

Saúde!!

-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Reply via email to