Ola Karl,

Eu só me refiro ao correo orixinal de Miguel, no que pregunta polos
termos "Upload/Download en aplicativos p2p". Coincido contigo en que
"downloads", non se debe traducir por "baixadas".

Respecto á subida e baixada, o uso dos termos non se restrinxe ao acceso
a servidores: tradicionalmente a canle de subida é a que vai cara a
rede, e a de baixada a que entra da rede. Desde o meu punto de vista non
hai diferencia entre falar de redes P2P ou redes cliente/servidor.

Saúdos.
    Felipe.

Karl García Gestido wrote:
> Acordo coa proposta de Miguel e estou en desacordo co que di Felipe. Estou 
> por 
> atopar a primeira páxina web onde no canto de "descargas" se fale de baixadas 
> (que as haberá). Subir/Baixar é o único par que non ten senso no contexto que 
> tratamos. Se esa fora o significado, en inglés sería "up" e "down", o cal en 
> ocasións puntuais é así pero na xeralidade non.
>
> Como matiz, a 2ª opción é máis do meu agrado. Nun contexto P2P o único que se 
> descarga realmente é o ficheiro que contén os datos para a descarga. Así, os 
> fares intercambian información (por definición, entre iguais), de maneira que 
> un cede información a cambio de recibir outra.
>
> Asi, descarga sería o acto de opter arquivos dalgures dentro de internet, 
> namentres que ceder/recibir é a maneira de funcionar das redes P2P (no que 
> cada quen actúa á vez como cedente e como receptor....  millor dito, un 
> "seeder" é aquel que actúa como cedente en dita descarga, nametres un 
> "leecher" é quen actúa como receptor.... vaites, axústase ben :) )
>
> O Xoves 16 Abril 2009 12:50:32 Miguel Bouzada escribiu:
>   
>> @Leandro... so foi un erro "dactilar", grazas por avisar
>>
>> dicia:
>>
>> Facendo unha aproximación os usos noutras linguas romances
>>
>> ca → subida/baixada carga/descarga
>> fr → envier/telécharger
>> pt → enviar/obter-receber-download
>> pt_br → enviar/baixar-obter
>> it → invia-carica/scarica
>>
>> Sigo a pensar que a extensión dun uso (que eu non considero axeitado) non
>> da patente de "correcto",
>>     
> Tamén estou dacordo con iso.
>   
>> outra cousa é cando son termos de dificil (ou
>> complexa) equivalencia como cookie (só me gusta "testemuña") ou caché (no
>> que caixa de memoria e similares non me convencen)
>>     
> caché, así, galegizada como unha palabra normal. Non hai por que darlle 
> demasiadas voltas ao que non as ten.
>   
>> ou termos como socket
>> que na maioría das veces só o desenvolvedor sabe a que "socket" se refire,
>>     
> é un tecnicismo, polo que é correcto tanto buscarlle unha traducción coma 
> integralo coma usalo en inglés.
>   
>> incluso as veces slot non hai dios que de interpretado a que "rañura"
>> (fisica? loxica?) se refire
>>     
> lóxica
>   
>> MB
>>
>> 2009/4/16 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>
>>     
>>> E intentade non responderme só a min, que se trata de manter unha
>>> conversa.
>>>
>>> Ata logo,
>>>                 Leandro Regueiro
>>>
>>>
>>> --
>>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>>       
> Saúde!!
>   

Reply via email to