Van varias cousas a discutir "search"(verbo), "search"(substantivo) e "search engine":
"search engine"="buscador" (KDE) Tanto no glosario de Mancomún coma na terminoloxía proponse unicamente "motor de busca" como tradución para "search engine". No glosario de Trasno non aparece nada. procura --> 237 KDE: 215 GNOME: 1 SUSE: 21 busca --> 180 GNOME: 157 KDE: 3 Inkscape: 4 SUSE: 12 XFCE: 4 pesquisa --> 7 KDE: 7 pescuda --> 4 KDE: 4 búsqueda --> 6 GNOME: 6 Trasno propón no seu glosario tanto "busca" como "procura", Mancomún só ten "busca" e na terminoloxía de Microsoft tamén aparece só "busca". Creo que "búsqueda" é castelanismo. procurar --> 264 GNOME: 15 KDE: 234 SUSE: 15 buscar --> 210 GNOME: 154 Inkscape: 14 KDE: 5 SUSE: 25 XFCE: 12 pesquisar --> 1 KDE: 1 No glosario de Trasno recoméndase "buscar" e tamén se acepta "procurar", no de Mancomún veñen tanto "buscar" como "procurar", e na terminoloxía de Microsoft só aparece "buscar". Curiosamente nas traducións aparece "pescuda", pero non "pescudar". Ata logo, Leandro Regueiro