>>> A cuestión é, seguimos a valoras unha fusión en ciberirmandades, ou
>>> incorporamonos a esa nova asociación?. Como e en que termos o deberíamos
>>> facer?
>>>
>>> A miña opinión _a priori_ é que é máis interesante depender desa nova
>>> asociación de SWL, e que nos permitan manter unha identidade propia (a
>>> modo
>>> de 'división', como ben poderían ser 'usuarios' ou 'programadores').
>>
>> Que eu saiba estabámoslle pedindo ás Ciberirmandades que nos
>> respectaran como entidade separada dentro da asociación. E non vexo a
>> forma de meternos nunha federación de asociacións sen ser
>> asociación...
>
> Que eu saiba, nesta lista non se comentou tal cousa, se cadra o falachedes
> en privado algún de vos
>
> @leandro recordaras que se falou de ver como artellar tal cousa, de feito
> dende GALPon (que é do que sei) vaise propor algo que permita que Trasno
> siga co seu particular xeito de artellamento, como o de até agora, podendose
> "federar" sen alterar o seu estado actual. Non podo garantir que esa
> proposta sexa aceptada por todos, pero a maioría da xente coa que levo
> falado do tema está por elo.
>
> Esto levaría a que as CiberIrmandades e Trasno poidan ter cadanseu a súa
> propia cota. Est debatirase no seo da constituinte, se despois non resulta
> así creo que será o momento de plantexar outra estratexia.

Ou sexa, seguiremos sen ter entidade legal.

Se non lembro mal a idea de obter representación legal (xa fora pola
creación da nosa propia asociación, xa fora pola integración de Trasno
noutra asociación) era ter entidade legal para parlamentar con outras
entidades como podia ser a Xunta ou Mancomun (lembro que me comentara
xente de Mancomun que non tiñan xeito de establecer relacións connosco
a nivel de convenios ou axudas ou polo estilo); non sei se iso será
moi útil para algo, pero se temos entidade legal poderiamos intentar
pedirlle a liberación de recursos que nos axuden á Xunta, xa que o de
que uns particulares llo pidan non via ter alá moito éxito...

Por outra banda integrarnos nas Ciberirmandades, por exemplo,
poderianos dar acceso a certos recursos económicos que se poderian
usar para pagar o aloxamento, o dominio (e deixar de sangrar a Jacobo
ou quen sexa que se ocupa diso agora) e pode que organizar xornadas ou
eventos, e se esaxeramos moito, ata poderiamos contratar a alguén que
nos revise as traducións (estou flipando, xa o sei). Ademais disto non
lembro se se falara de algunha outra razón para ter entidade legal...

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a