Pretendía ser unha resposta aberta, só que non me din conta e só cho
enviei a ti

se queres xa detallerei xq penso que trasno así non funciona, pero non
concordo co que di. Enténdoo pero non o comparto. 

O Xov, 07-05-2009 ás 22:08 +0200, Alejo Pacín Jul escribiu:
> Trabúcaste se pensas que só quero traducir.
> 
> Penso que si funciona, cun pouco de anarquía (que cunde, xD), pero
> funciona. Claro que precisamos man de obra!!! Pero penso que para a
> publicidade que nos damos, non hai queixa ningunha.
> 
> O que habería que facer ó respecto, é darnos máis publicidade, que
> agora mesmo pasamos de todo iso bastante. E facelo de forma agresiva
> pero amena. Nada semellante ó que se está a facer agora (dar algunha
> que outra charla de carácter técnico e serio a xente que na vida viu
> nada disto), que o que facemos e amargalos e quitarlles os poucos
> pulos que poidan ter.
> 
> Facendo as cousas ben, non vai falla nada do que se está a propoñer.
> 
> Non sei se pretendías respostarme só a min ou á lista, pero xa que mo
> mandaches a min só, mándoche a resposta unicamente a ti. Se non é así,
> tés o meu permiso para reenvialo á lista.
> 
> 2009/5/7 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>
>         
>                 Evaluando os pros e os contras de todo isto, teño
>                 bastante claro que saen gañando os contras.
>         
>         
>         claro, entendote. Agora, que os contra son persoais. Pero como
>         grupo Trasno non funciona, non se fan as cousas o eficazmente
>         que se puidera. Estamos a anos luz de resolver cuestións
>         terminolóxicas, de facer revisións... 
>         
>         
>         Isto ven sendo o que falamos durante a AKademy varios. O que
>         se precisa e man de obra, e sen visibilidade non ven xente, e
>         non se poden formar persoas en tradución nin se van facer as
>         cousas con calidade... De aí o debate de asociación... 
>         
>         Tampouco ti, se só queres traducir, non te tes que
>         involucrar. 
>         
>         
> 

Responderlle a