Perdón por tardar en responder, pero estes días estiven bastante atarefado...

Pola miña banda, quero comentar:

-estou de acordo en que pode ser interesante que Trasno teña unha entidade legal propia, pero eso leva tamén unha serie de traballos bastante pouco agradecidos

-sobre integrarse na "federación de lugs" non vou a falar, porque aínda non teño claro cal vai a se-la postura do gpul, no que teño maior implicación

-sobre integrarse nas Ciberirmandades, vexo dous problemas:

1)é unha asociación con obxectivos políticos, o que por unha banda pode afastar ós que non comparten a súa ideoloxía (e niso, podería falar en primeira persoa), e por outra, ós propios proxectos de software libre que non queiran ser identificados con actividades máis políticas que informáticas

2)parece que é unha asociación que non ten pudor en destinar recursos ó software privativo. Tendo en conta o vencellamento do Translation Project coa FSF, seguramente non sería ven visto, sabendo o que pasou co caso de Debian (para que non o saiban, Debian está fóra das distros "FSF compliant" por manter repositorios de software non libre). Sei ben que o TP agora mesmo non ten o pulo que chegou a ter dentro de Trasno, pero...

Polo tanto, creo que estou na mesma liña que Kabute e Alejo. En calqueira caso, estou disposto a falar na reunión cando queirades.

Tsao

--
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB

Responderlle a