> >> Asistentes:
> >> Miguel Branco
> >> Francisco Javier Tsao Santín
> >> Alejo Pacín
> >> Dani Muñiz
> >> Leandro Regueiro
> >> Victor Portela
> >>
> >>
> >>  * Os asistentes estiveron de acordo en constituirse como asociacion
> >> independente. Preguntaraselle a xente que saiba do tema para proceder
> >> á constitución, para a que hai que fixar unha data non moi lonxana.
> >> Comentouse que quizais os estatutos puideran crearse a partir dos de
> >> Tagen Ata ou as Ciberirmandades. Os obxectivos a acadar serían os que
> >> se nomearon na rolda de correo, aínda que non se debateron todos eles
> >> (están ao final da mensaxe). Segundo as mensaxes da rolda de correo
> >> catro persoas mostraron a súa disposición a formar parte da directiva:
> >> Miguel Branco, Daniel Muñiz, Marce Villarino, Miguel Bouzada.
> >> Espéranse varias candidaturas. Falouse da posible conveniencia de que
> >> a directiva estea físicamente próxima (non un en Vigo, outro en
> >> Santiago e outro en Ferrol)...
> >>
> >>  * Sobre o tema do aloxamento e mailo dominio Jacobo Tarrío comentara
> >> na rolda de correo que de crear a asociación traspasaria a
> >> titularidade do dominio. GPUL ofreceuse para o aloxamento. Dani Muñiz
> >> comentou que non hai problema, que el se ocupa (téñoo cun sorriso así
> >> que disto último non estou moi seguro).
> >>
> >> * Sobre o tema do logotipo decidiuse usar o de Miguel Branco un pouco
> >> retocado. Falouse de pedirlle a Denís (Gatonegro) do GLUG que lle faga
> >> os retoques ou que propoña outro novo.
> >>
> >> * Sobre o tema de ter asemblea anual tódolos anos polo visto é
> >> obrigatorio ter dúas, unha ordinaria e outra extraordinaria.
> >> Comentouse que estas asembleas ou unha delas polo menos se podería
> >> converter no futuro g11n.
> >>
> >> * Sobre o de organizar obradoiros e actividades por creditos de libre
> >> (AFI): resulta que na AFI non é viable xa que só dan os cursos
> >> profesores da universidade. Sobre organizar actividades polas que se
> >> conceden créditos de libre non hai acordo xa que moitos argumentan que
> >> iso saturaría as actividades con xente que non ten interese e só van
> >> polo crédito. Sobre o de organizar obradoiros si hai acordo, pero
> >> deben ser preparados con coidado e deben ser amenos e entretidos (en
> >> clara referencia ao feito por un servidor na XGN).
> >>
> >> * Falouse sobre montar xornadas de captación en filoloxias, tradución,
> >> informática... e estívose de acordo. Falouse da necesidade de artellar
> >> algo na zona de Vigo onde xa hai bastantes trasnegos.
> >>
> >> * Falouse tamén sobre crear material para novos tradutores (textos,
> >> videos), ou mellor dito actualizar e fusionar o existente. Chegouse ao
> >> acordo de que é necesario actualizar e integrar novos formatos como
> >> vídeo e usar plataformas como Youtube, pero comentouse que as opcións
> >> para gravar o escritorio a veces non dan moi boa calidade, e quedouse
> >> en mirar as opcións dispoñibles para facelo posible.
> >>
> >> * Sobre o tema de fusionar os glosarios (a ducia que hai) e o programa
> >> para debater terminoloxia tamén houbo acordo. Quedouse en definir como
> >> sería (web, con buscador, exportar a TBX, varios glosarios,
> >> discusión...) e despois programalo. Dani Muñiz ofreceuse voluntario
> >> para colaborar con Leandro quizais outras persoas interesadas...
> >> despois haberá que contactar cos autores orixinais deses glosarios
> >> para que nos permitan usar (sen restricións) o seu traballo para poder
> >> traballar nun glosario único, que inclúa as propostas de tódolos
> >> glosarios, xa sexa como opción aceptada ou desaconsellada...
> >>
> >> * Sobre o tema de montarnos un open-tran propio pero completiño houbo
> >> acordo. Acordouse falar cos desenvolvedores para crear un paquete e
> >> facilitar así a instalación e intentar incluír tódalas traducións
> >> libres que poidan localizar, así como montalo de xeito que se
> >> actualice periodicamente eliminando as vellas traducións.
> >>
> >> * Sobre o tema do atlas da crtvg e os toponimos, acordouse recompilar
> >> unha lista dos nomes dos paises, subdivisions dos paises, linguas, de
> >> moedas, fusos horarios, escrituras ou alfabetos que vai facer Miguel
> >> Branco a partir dos ficheiros do Translation Project, KDE, GNOME,
> >> Xfce... para ir vendo que é o que realmente hai que traducir. Despois
> >> aproveitando o traballo da crtvg completaremos a lista.
> >>
> >> * Sobre o tema da guía de estilo chegouse ao acordo de que a de
> >> Mancomún está ben para comezar, pero non nos gusta a licenza (ten que
> >> ser libre) hai que separar a parte do asentamento de terminoloxía da
> >> guía de estilo. Ademais a parte do asentamento de terminoloxía precisa
> >> cambios.
> >>
> >> * Falouse sobre a posibilidade de montar unha instalación de Transifex
> >> para gardar unha copia local de todo e quizais integralo ca
> >> instalación do Open-tran para que o Transifex lle obteña os ficheiros
> >> a Open-tran. No caso de instalar tamén un Pootle tamén viria ben.
> >>
> >> * Falouse tamén sobre montar un Pootle pero non se viu nada claro. A
> >> única razón importante é para axudarlle aos novos tradutores, aínda
> >> que se dixo que dándolle un bo obradoiro de iniciación ás ferramentas
> >> de escritorio terían coñecementos suficientes para comezar, aínda que
> >> non experiencia coma os tradutores que xa levan un tempo...
> >>
> >> * Sobre o da corrección de erros falouse moi pouco. Quizais se poida
> >> integrar con Open-tran e montar algún tipo de interface para ver o
> >> estado dos erros e notificar aos encargados de corrixilos... Queda
> >> pendente de debates posteriores.
> >>
> >>
> >>
> >> Motivos para constituirnos en asociación:
> >>
> >> * para poder relacionarse ca Xunta e outros organismos (que requiran
> >> ter entidade legal), para solicitar liberación de recursos, axudas
> >> económicas (se queremos), asinar convenios de colaboración,...
> >>
> >>  * para ter recursos económicos para pagar dominio, aloxamento,
> >> organizar xornadas, obradoiros e outros eventos, e se esaxeramos
> >> moito, ata poderiamos contratar a alguén que nos revise as traducións
> >>
> >>  * para publicitarnos de xeito máis efectivo e atraer novos
> >> voluntarios, lingüistas e terminólogos que axuden na terminoloxía,
> >> revisen as traducións, e para que máis xente nos coñeza e recoñeza o
> >> noso traballo
> >>
> >>  * para dar certificados para os currículos, créditos para os estudos,
> >> espallar coñecementos (como se traduce)...
> >>
> >>
> >> Creo que puxen todo. Ata logo,
> >>                                                        Leandro Regueiro
> >
> > Que ben soa todo :D
>
> Agora que o resto diga algo, non pensedes que isto vai unha chea de
> decisións tomadas de xeito unilateral.
>
> Ata logo,
>                        Leandro regueiro

Eu concordo con todo. Chi.

Reply via email to