Olá, 

Primeiro, reincidir no que nalgún momento dixo Leandro. A reunión era 
simplemente para vernos e para axilizar o debate. Calquera opinión en calquera 
sentido conta o mesmo cás que expresamos nesa reunión. Espero que pronto nos 
vexamos todos ;) nalgún punto da xeografía galega. 

>  * Os asistentes estiveron de acordo en constituirse como asociacion
> independente. 

Valoro que é necesario ser asociación idependente por varios motivos:
- a comenencia de establecer uns estatutos específicos ás nosas necesidades
- independencia doutros intereses, que independentemente de que sexan dispares 
ou poidan ser entendidos con connotacións políticas, poden distraernos do que 
realmente nos importa
- porqué nalgún momento a asociación podería obtar a ser declarada de interesa 
pola contribución ó galego (xa avanzarei este punto en breve)
- e máis importante, porqué é factible

> * Sobre o tema do logotipo decidiuse usar o de Miguel Branco un pouco
> retocado.

isto pódese valorar na asamblea constituinte

> * Sobre o tema do atlas da crtvg e os toponimos, acordouse recompilar
> unha lista dos nomes dos paises, subdivisions dos paises, linguas, de
> moedas, fusos horarios, escrituras ou alfabetos que vai facer Miguel
> Branco a partir dos ficheiros do Translation Project, KDE, GNOME,
> Xfce... 

e que farei segundo a miña empicholada vida d'aghora mesmo me permita

> * Sobre o tema da guía de estilo chegouse ao acordo de que a de
> Mancomún está ben para comezar, pero non nos gusta a licenza (ten que
> ser libre) hai que separar a parte do asentamento de terminoloxía da
> guía de estilo. Ademais a parte do asentamento de terminoloxía precisa
> cambios.

a min o algoritmo ese de Mancomún non me gusta porqué nos faria cambiar centos 
de cousas, así que optaria por conservar traducións asentadas ó longo destes 
anos. Guías sempre me gustaron as de Xusto, da Oficina de Software libre da 
UDC e a de Marce por completas en distintos aspectos, cada unha no seu. A de 
mancomún polos aspectos gramaticais do inglés. 

> * Falouse tamén sobre montar un Pootle pero non se viu nada claro. A
> única razón importante é para axudarlle aos novos tradutores, aínda
> que se dixo que dándolle un bo obradoiro de iniciación ás ferramentas
> de escritorio terían coñecementos suficientes para comezar, aínda que
> non experiencia coma os tradutores que xa levan un tempo...

Eu e que non son fan das interfaces web. Unha das razóns é porque considero 
que tampouco todo o mundo debe de poñerse a traducir e unha interface web é o 
que permite. Así logo temos chafulladas coma as do facebook, en certos casos 
no launchpad etc. Para traducir hai que ter un _bo_ coñecemento de inglés, 
para empezar. E uns mínimos coñecementos do que está a traducir. Tamén é certo 
que a todo isto se aprende, pero hai un límite inferior. Non sei se me 
explico. 

De todas todas eu tampouco non descarto que se metan programas pequenos nun 
pootle ou que ninguén estea interesado en poñerse con eles,ie moitos xogos. 
Pode servir para aliviar "carga de traballo". 

Responderlle a