Esquecerame comentar o tema este.

>>> -Pretendemos facer traducións oficiais. Será difícil conxeniar ser equipo
>>> oficial de referencia se as nosas traducións, por baixa calidade ou por
>>> non normativas non poden ser asumidas por usuarios e entidades galegas.
>>> Non queremos iso.[...]
>
> Non podería estar máis de acordo contigo. A miña opinión sobre da norma no
> estatuto é que podería limitar a inclusión de persoas ó proxecto por ver ese
> punto coma restritivo. Eu dende logo non teño motivos para me opoñer á
> inclusión, de todas todas. Igualmente podería ir recollido nas guías de
> estilo.

Eu penso que se debería facer como nos comezos do proxecto cando a
xente escollia unha ou outra normativa e a usaba, pero sen mesturar.
Lembro que o Xfce estaba traducido a minimos e á antiga oficial. En
todo caso nada de mesturar, e como agora só habería dúas (RAG 2003 e
AGAL) non habería tantos problemas. Por outra parte penso que
deberiamonos enfocar á oficial actual, xa que a idea é contribuír a
asentar o galego do futuro, que a xente use o noso traballo... non
traducir para nós.

>>> -Sobre a normativa
>
> Ben, sobre das normativas. E que non se me enfade ninguén. Pero moitos, e falo
> en xeral, non aplican nin unha nin outra normativa senón que deciden escoller
> a vontade solucións que lles cae máis en gracia. Por exemplo, aqueles que de
> facto aplican a RAG pero deciden aleatoriamente rematar as cousas en -zon:
> reproduzón, navegazón, visualizazón (exemplos reais dun reprodutor de vídeo
> que non mencionarei)... Entendo que se pode preferir a norma AGAL á RAG pero
> facer híbridos...

Certo. E aínda por riba todos cometemos erros aínda cando pensamos que
estamos a usar a normativa oficial.

> Fas un bo apuntamento, e que a norma de mínimos esta extinta trala norma do
> 2003. Non hai ningunha das grandes entidades que a apoiaran que actualmente
> non decidiran reincorporarse á norma do 2003. Polo menos iso é o que eu
> entendo que está a pasar.

Agora só habería dúas normativas a considerar: RAG 2003 e AGAL.

>>> Nos aspectos prácticos da Asociación,se nalgún momento se solicita unha
>>> subvención ou se asina un convenio haberá que entregar copia dos
>>> estatutos, establecer compromisos, etc. e considero que é mellor que iso
>>> vaia xa nos estatutos que obrigar ao futuro secretario e presidente a ter
>>> que andar facendo certificados de adecuación á normativa ou meténdoos en
>>> compromisos cos socios. Non hai por que asustarse para nada, a amplitude
>>> do que son as fontes "normativas" é bastante ampla, como todos sabedes.
>
> bo motivo

Certo.

Ata logo,
                           Leandro Regueiro

Responderlle a