Suso Baleato escrebeu:
> Minhoca escrebeu:
> > Suso Baleato escribiu:
> > > 
> 
> O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de recursos de
> infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle continuidade aos
> proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n.
> 
> Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas quen 
> queira,
> e se alguén ten propostas (de recursos, de loxística...) pero non pode vir, 
> que
> mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda.
> 

Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais
fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola 
Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu.

Todo o que se expón son propostas, que se expoñen eiquí para consideración
xeral e nas que continuaremos avanzando na reunión prevista para Compostela
(o mércores 14 ás 20:00) en lugar por concretar (admítense ofrecementos de 
local, a ser posibel con aparcadoiro fácil).

NATUREZA
--------
Hai acordo pleno en que a alternativa a Mancomún non pode ser institucional
nin tampouco pode consistir en crear unha nova asociación, ou unha federación
de asociacións pola súa complexidade e por que non hai masa crítica para iso,
máxime cando Trasno está en pleno proceso constituínte, e máis se cabe cando
a cultura da "leiriña" está tan asentada entre nós, e sempre resulta complicado
facer cousas conxuntamente. Por tanto non se trataría de crear unha nova
persona xurídica, senón un conxunto de recursos comúns que sexan útiles, na
liña metodolóxica definida no g11n, compartidos polas distintas personas
físicas e xurídicas que conforman a comunidade de localización, partindo dos
consensos aceitados por todos que permiten ir aproximando posturas mentres cada
quen pode traballar dende o seu recuncho, e onde tanto as asociacións 
existentes,
como grupos de voluntarios, voluntariado individual sen vinculación e demais 
axentes colaboran de mutuo acordo e por vontade propria. Neste sentido 
identifícanse os consensos do g11n como punto de partida sólido sobre o que
medrar, e por eso o foco debe continuar centrado na galeguización do software.
Todo o que veña a maiores, benvido sexa.

NOME
----
Había varias propostas (Mankomuna, Komuna e outras, con "k" para marcar a
indepencia institucional) que foron descartadas en favor de "g11n", máis
neutro, menos marcado, como acrónimo de galeguización que xa coñecemos. O motivo
é que este é un nome que todas as personas involucradas identifican claramente,
está asociado aos consensos actuais, é curto, xa dispoñeríamos de nomes de 
dominio
e de imaxe corporativa -lembrar que o traballo de deseño foi cedido á comunidade
con este propósito. Por outra parte tampouco se trata de crear un mancomún-2
idéntico, e por que á hora de priorizar os temas relacionados coa língua son os
que vemos como máis críticos. 

RECURSOS
--------
Os recursos dos que dispoñemos son:

- Servidor adicado: sería un servidor Debian contratado pola Ciberirmandade,
  con tanto espazo en disco e xigas de transferencia como sexa preciso 
  comezando polo mínimo e aumentando baixo demanda, todo elo até o límite 
  que a asociación poida costear por suscripción popular. Trataríase dun
  servidor independente e separado do da Ciberirmandade que eles manterían 
  en funcionamento pero que sería configurado en función das necesidades
  definidas pola comunidade. Neste servidor terían cabida as copias de
  seguranza e os servizos "gráficos" como foros, buscador terminolóxico,
  glosario, wikis, webs, e demais posibilidades que se acorden. Este servidor
  ten as funcionalidades estándar dos hostings actuais con panel de control,
  scripts de instalación e similares. Compre sinalar que esta asociación non
  acepta subvencións, decisión que tomaron para garantir a súa total
  independencia.
  
- Servidor de emerxencia: trátase do servidor que eu puxen en marcha para
  respaldar o proceso de desinstitucionalización iniciado en maio (ver
  diagrama adxunto [1]) fornecendo un repositorio común para todas as 
traducións, 
  unha rolda de correo (a rolda g11n de mancomún, que sería trasladada aquí)
  e a xestión dos dominios g11n. Tal como pode verse no cronograma, o proceso
  de desinstitucionalización estaba planificado para dous anos; posto que era
  vital manter estes servizos funcionando á marxe das institucións, decidín
  asumir personalmente e por adiantado o custe de mantenemento deste servidor
  pois non atopaba outra alternativa para garantir a continuidade das
  traducións de Mozilla, OpenOffice e GNOME. Unha vez coñecido o ofrecemento
  da Ciberirmandade, e tras falalo hoxe, optei por donar este servidor, xunto
  cos dominios rexistrados, como "servidor de emerxencia" que durante os dous
  próximos anos garantize as comunicacións da comunidade. Transcurrido este
  tempo decidiríamos conxuntamente qué fazer con eses recursos (igual para
  ese día inventouse un traductor automático por intelixencia artificial e xa
  non facemos falta.)

ALCANCE
-------
Despois de examinar o amplo espectro de actividades de Mancomún (observación,
formación, difusión, implantación, desenvolvemento, localización e soporte) e
contrastalos cos recursos que temos, viuse claro que era preciso priorizar
seleccionando aquelo que, resultando de maior importancia, poidamos abarcar.
E despois de darlle voltas, chegamos á conclusión de as áreas nas que imos
poder aportar son as de desenvolvemento -fornecendo unha copia de seguranza-
e a de localización -fornecendo a continuidade dos proxectos de localización.

Con respeito a de desenvolvemento (forxa, araos, galinux, golfinho, monifate
e demais) enténdese que, pola súa natureza, o protagonismo debe corresponder
ás asociacións de linux e ás empresas de enxeñería software que son as que
mellor saberán selecionar qué proxectos dos existentes deben ser continuados
e cómo facelo. Porén, como non percibimos sinais de actividade deles dende
fai meses, compre evitar que pola súa falta de iniciativa desapareza todo o
código da rede. Por tanto a acción que se propón tomar é abrir unha conta no
servidor adicado para que o personal que aínda queda no CESGA poida programar
unha copia de  seguranza, que quedaría accesíbel para que no futuro poida
reutilizarse o material evitando que se perda.

Con respeito a localización, enténdese que hai un problema estructural e un
problema crítico. O problema crítico é que desapareza a rolda g11n antes de
que fora trasladada ao servidor de emerxencia, en cuxo caso a comunicación
-e o proceso de desinstitucionalización- quedaría interrompida, e por eso 
acción [[ _urxente_ ]] que se propón e facer copia de seguridade da rolda de
mancomún e trasladala ao servidor de emerxencia. O problema estructural é a
falta de xente, e nesto proponse recuperar a proposta de dorfun [2] no g11n 
sobre a activación de redes sociais -ou algo similar- de xeito que poidamos
atraer o interese de xente próxima ao tema da língua. Pénsase que o sistema 
de roldas está ben para a xente que leva tempo, pero para a xente nova é
necesario algo máis gráfico, ben sexan foros, ben sexa intervindo en
facebooks, tuentis e demais, ou se cadra montando unha rede propria. Todo
esto habería que ilo concretando, e disporíamos do servidor adicado para
hospedalo. Proponse comezar abrindo foros. Lóxicamente habería que poñer en
marcha alternativas aos servizos que funcionan en Mancomún ou que haxa que
montar e aínda non estén, como unha web terminolóxica e similares, que irían
sendo definidos pola comunidade.

Ben, faláronse máis cousas, pero o que vemos claro os que estivemos é isto
que tratei de reflexar. O próximo mércores xuntámonos para discutir o que se
comente até entón; reunión aberta como sempre, en canto teñamos claro o sitio
xa avisamos. 

[1] O cronograma reflexa o meu plan de traballo até 2012. Por suposto cousas 
    como a Ley de Estándares Abertos, o proxecto de Migración da Xunta a SW
    Libre ou a consolidación do personal contratado no CESGA foron abortadas 
    polo novo goberno, mais a parte referida a g11n sí que sería posibel
    mantela se queremos. As liñas vermellas son as tarefas "oficiais" a levar
    a cabo dende Mancomún, as azuis as de comunidade, e as verdes son as miñas
    iniciativas personais. Usar o zoom para vela completa: as tarefas da
    parte superior correspóndense coa parte máis oficial, e as de abaixo coa
    máis comunitaria, como vedes, van sincronizadas.

[2] "Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes sociais á
    comunidade de tradución para mellorar a comunicación interna e para
    permeabilizarse e que poida participar xente nova" nos consensos do g11n.

> Saúdos e veña que vamos,
> 
> > 
> > > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente aberta 
> > > para
> > > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de cara 
> > > ao 
> > > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de que o 
> > > resto
> > > irá chegando de forma natural.
> > > 
> > 
> > Adiante.
> > 
> > -- 
> > ---
> >       Saúde.
> > ......................................................................
> > Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
> > 
> > CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
> > http://www.ciberirmandade.org
> > 
> > A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
> > ......................................................................
> > 
> > _______________________________________________
> > G11n mailing list
> > g...@mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 
> -- 
> http://susinho.pagina.de/
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> g...@mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
http://susinho.pagina.de/

<<attachment: gant_g11n.png>>

Responderlle a