Boas Miguel,

Graciñas pola túa aportación; polo que entendo, na rolda de Trasno propoñedes
crear unha asociación que nas túas palabras "pretende ser a asociación matriz
que acolla a localización galega, coordine e dispoña os recursos que esta
necesita". Trátase dunha proposta interesante e vaia por diante o meu apoio; 
sen mais demora ahí che vai a miña aportación:

- Consenso. Se esa asociación quere acoller a toda a localización galega,
  lóxicamente os estatutos deben ser alargados a toda a comunidade para 
  discutilos nun proceso aberto e transparente de modo que conxuntamente,
  sen exclusións, poidamos todos e todas estar presentes. Porén, o que
  entendo do teu correo é que na rolda de Trasno acordastes uns estatutos
  que agora vades asinar a toda presa, o que sería un erro pois nese caso
  esa asociación só representaría a Trasno e non a toda a comunidade. 
  Fíxate que cuestións como o nome, si se queren recibir subvencións ou non,
  si se restrinxe só ao software libre, código aberto ou tamén privativo, 
  quen ocupará qué cargos... todas estas escollas deben responder a unha
  decisión colectiva que responda ao acordo de todas as partes involucradas e
  non só dunha delas. O meu consello é claro: non vos precipitedes, hai tempo,
  o apropiado é falar as cousas abertamente e involucrando a toda xente
  concernida; do contrario corredes o risco de provocar a división da
  comunidade e a ruptura dos consensos do g11n. Creo que o risco non compensa.
  
- Necesidade. Vou fazer de avogado do diaño: xa temos unha asociación que 
  traballa neste eido, que ademais ten o mérito de ser a organización que máis
  tempo leva traballando en galeguización na rede e que ofreceu os seus recursos
  para o que a comunidade precise, deixando moi claro ademais que o principal 
  beneficiario sería Trasno. Entón, se xa podemos contar coa Ciberirmandade:
  cal sería exactamente a necesidade de crear unha nova asociación? Ou por 
  sermos prácticos: qué problema resolve exactamente a creación dunha nova
  asociación? E pregunto esto poñendo por diante que eu son claramente
  favorabel ao asociacionismo -e sabes ben que eu mesmo che insistín e moito 
  tanto no g11n como no carballiño para que vos asociarades, e por suposto
  que apoio que os de Trasno vos asociedes. Tamén sería bó saber: por qué 
  unha asociación e non unha fundación por exemplo? Estas tamén son cousas
  que necesariamente teñen que ser discutidas por toda a comunidade, non só
  por Trasno.

En resumo: todo o meu apoio a calquera iniciativa, e se promove o 
asociacionismo mellor. Como polo que dis o proxecto aínda o tedes nunha fase
moi embrionaria, estamos a tempo de resolver o principal problema que é o do
consenso: quedamos pendentes entón de que publiquedes ese rascuño de estatutos
para dar comezo á posta en común e discutilos abertamente entre todos.

Polo demais, respondendo xa ás túas perguntas, non hai presa nengunha; estamos
seguindo un proceso ordenado (e aberto) iniciado nesta rolda hai máis de seis
meses para proveer unha infraestructura independente que poida sustituir á que
viña proveendo a Xunta, pero sobre todo que nos permita avanzar nos acordos do
g11n: alomenos nos tres proxectos que eu coordeno (Mozilla, OO.org e GNOME)
esto é imprescindibel para garantir tanto a súa calidade como sobre todo a súa
sustentabilidade no meio-longo prazo. O único que sí era urxente era evitar que
o proceso de desmantelamento de Mancomún ocasionara a perda dos datos e da
comunicación; máis grazas ao ofrecemento da Ciberirmandade eso quedou resolto: 
xa temos a rolda alternativa e xa iniciamos o proceso de copia de seguranza da
información pública; na xuntanza de hoxe imos facer avaliación do traballo de 
cada un de nós e ver cómo continuamos. 

Sobra dizer que se tedes algunha proposta concreta que poñer enriba da mesa,
é un excelente momento para achegala; de feito como verías no cronograma,
acabamos de entrar na fase de análise, ou sexa que chegades xusto a tempo.

Un saúdo e ánimos con ese proceso asociativo!


Miguel Branco escrebeu:
> 
> Olá
> 
> Sinto contestar tarde, ando enleado. Vou intentar dar a miña opinión do que 
> falades, e espero que outros trasnegos comenten tamén.
> 
> Como ben dicides Trasno está en pleno proceso de fundación, así que estas 
> conversas cóllenos nun momento de reflexión interna. Nese sentido temos que 
> reflexionar conxuntamente sobre do que propuxestes antes de o valorar.
> 
> Agradezo profundamente o ofrecemento de Ciberirmandades, iso que quede claro. 
> Compartimos intereses e hai terreo para a colaboración. Como neste momento 
> Trasno non dispón de infraestrutura nin é unha asociación con 
> responsabilidades como as CIF non sería práctica unha reunión, inda que sen 
> dúbida poderá ter lugar nas próximas semanas. 
> 
> Mais ao fío da discusión non quero deixar de aclarar ou preguntar sobre 
> certos 
> aspectos:
> 
> 1. a orixe e o motivo principal de existir de Trasno é de servir de canle de 
> comunicación para toda a comunidade de tradutores; a efectos somos un grupo 
> paraugas de moitos proxectos
> 
> 2. de feito existe un estreito vínculo entre a xente de Ubuntu e Trasno; 
> igual 
> que se considera Ubuntu como entidade propia, poderíase considerar, p.ex o 
> grupo de KDE
> 
> 3. o estatuto que firmaremos está pensado para crear unha asociación que 
> ampare a quen traduza, non só ós asociados -- pretende ser a asociación 
> matriz 
> que acolla a localización galega, coordine e dispoña os recursos que esta 
> necesita
> 
> 4. Inda que a invitación a se unir quedou clara, non entendo demasiado as 
> presas por convocar reunións con data e lugar prefixado *cando* os máis 
> interesados e que máis traballo activo realizan localizando aínda non se 
> expresaran. Non entendo as presas.
> 
> 5. e unha curiosidade,  que igual entendín mal, pregúntome porqué é necesario 
> infraestrutura propia para manter a localización de GNOME, OOo e Mozilla?. 
> 
> cordialmente, 
> 
> Miguel
> 

> _______________________________________________
> G11n mailing list
> g...@mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a