Respondo sen mirar as respostas anteriores.

> singleton (penso que ha acabar sendo "instancia única")

O outro día atopei no digalego "singletón"
http://digalego.org/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=58657

> make
> build
> compile
>
> Estes tres casos (e outros, supoño) habería que ilos fixando. Neste programa
> pódese ver a que se refire cada cousa botando un ollo á captura que mando
> (aínda que esas ordes pódense cambiar por outras a gusto do consumidor,
> vaia).

Dependendo de como se usen poden ser sinónimas ou non. "make" a veces
é preparar a compilación en sí, e poderiase considerar que "build"
engloba ás outras dúas.

> tag (como en ctag)(http://ctags.sourceforge.net/ctags.html) (penso que
> "etiqueta" ha valer a non ser que algún programador comente que xa se está a
> empregar outra tradución para este ámbito)

etiqueta

> Type constructors (construtores de tipo?)
> http://en.wikipedia.org/wiki/Type_constructor

supoño

> Forward declaration (declaración
> incompleta/parcial...?)(http://en.wikipedia.org/wiki/Forward_declaration)
>
>
> Defines (Definicións do/para o preprocesador? non traducir?)
> Includes (traducir? "este programa fai 'includes' ao stdio.h e curses.h",
> por exemplo) (inclusións?? ficheiros incluídos?)

Eu en principio diría definicións e inclusións... non o pensei moito.


> Atopado no glosario da tradución do NetBeans:
>
> singleton       instancia única singleton
> build   construír       compilación
> tag     etiqueta        marca

tag en certos sitios si podería ter unha tradución diferente, o de
usar build traducido de xeito tan dispar non me convence.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a