2009/11/17 damufo <dam...@gmail.com>:
> Boas:
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>>>>>
>>>>> Por un lado temos:
>>>>>
>>>>> heap: que eu sempre escoitei como montón. A proposta que fai Rubal de
>>>>> memoría dinámica, pode ser. El controla en java, entende do tema.
>>>>
>>>> no rubal quere todo o contrario... sacar memoria dinámica porque nos
>>>> dous casos (heap e stack) son memoria dinámica. E realmente ten razón.
>>>> Eu voto por deixalo sen traducir. Xa que se o traducimos voume volver
>>>> tolo cando teña erros típicos de Java ou demáis. E para buscar solucións
>>>> a problemas en foros e demáis non me vale traducido.
>>>>
>>>>> heap     memoria dinámica ??
>>>>> Heap Walker      percorredor da memoria dinámica ??
>>>
>>> Coma sempre, discrepo. Ese motivo non me parece correcto. Se o seguimos
>>> non
>>> traducimos nada. Calquera mensaxe de erro que da calquera programa
>>> traducido
>>> ao galego, se o colles e o levas aos foros ou sen ir tan lonxe, a un
>>> buscador, o máis probable é que non atopes nada ou case nada.
>>> Eu penso que o que non queira eses problemas xa sabe, que deixe a versión
>>> orixinal (no canto de castrapo) e todo amañado.
>>> Eu son dos que pensa que se hai tradución (concepto) hai que traducir.
>>> Outra cousa é se é recomendábel traducir software de desenvolvemento
>>> avanzado. Digo avanzado porque o non avanzado si penso que hai que
>>> traducilo
>>> por temas educativos.
>>
>> Penso que o solucionamos poñendo unha tradución e entre parénteses a
>> palabra orixinal en inglés. Así é educativo e está traducido.
>
> Tamén tendo un glosario

A xente que use o programa non vai estar consultando un glosario...

Responderlle a