2009/12/8 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:

> alternativas legais á federación (= asociación de asociacións), (fundación?,
> instituto?), fusión de asociacións...

Tedes 300 000 EUR ? non? entón ide esquecendo a palabra "fundación".
De instituto deixa a ver (que non acho ren)

a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?

Si, nas condicións de federación. Isto implica, segundo a lexislación
vixente, unha modificación estatutaria en cada unha das persoas
xurídicas que vaian federarse.

b) caso de desbotar a fusión, que fórmula legal considerades axeitada?

(con)Federación.

c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?

Mande??? Supoño que o m.c.m. e en parágrafo á parte as demais cousas,
excluíndo o termo "Linux" da redacción.

d) quen pode formar parte da asociación?
e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por convite
dunha asociación membro? por solicitude e votación? con "auditoría" dun membro
socio?

Creo que a lexislación actual algo dí ao respecto. Os propósitos teñen
que ir casando, e evidentemente teñen que ter as contas nun estado
"auditábel".

f) aceptaríanse "patróns"? con ou sen dereito a voz? persoas físicas e/ou
xurídicas?

Si, por que non?


g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da federación?

Apoquinando unha taxa en función do número de socios, por exemplo o
equivalente ao IVA máximo que haxa no momento (1/5 dos ingresos totais
teóricos por cotas (= num socios * cota asociado) )

h) como se mide o peso relativo das asociacións dentro da federación?
ecuánime? proporcional a número de socios activos? proporcional a contribución
económica?

Visto g), as dúas últimas propostas son sinónimas. Eu apoio as pelas.

i) que tipo de poder debería ter a federación sobre das actividades dos LUGs?
laxo? férreo? intervencionista? non intervencionista?...

Semi-intervencionista, polo menos a nível partys (i.e., reducindo
costes de quen floss=party), e reducindo custos fixos.


j) que tipo de directiva tería a federación?
{presidente/vicepresidente/secretario/ tesoureiro} +...?: vicetesoureiro,
vogais...

a mínima que se poda; ten en conta as dificultades que nos supón a nós
vernos, pois pon iso a nível coordinación do voluntariado floss en
Galiza... para cagarse.

k) que se precisa da federación ou outra figura legal que se constitúa? p.ex
contratación de asesoría

A ver, que volo digo eu: externalización/outsourcing da contabilidade
e xestión fiscal.

l) condición de expulsión dos asociados?

Como mínimo por non pagar ;-)

Responderlle a