Reenviado á lista.

> enviachesmo só a  mibn. podo reenviar á lista?
> 
> 2009/12/8 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
> 
> > > Polo tanto, preguntas de cara a seguinte reunión ( e que necesito que
> > >  tódolos socios fundadores contestedes... tranquilos, tedes dous meses)
> > > :
> > >
> > > a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?
> >
> > Non é que o vexa imposible, pero creo que cómpre que os proxectos con
> > distintas metas se centren en ditas metas, algo que podería verse
> > contrariado
> > por unha fusión.
> >
> > Pero imaxino que os puntos positivos poderían ser moitos. O que habería
> > que pensar é que diferencia práctica habería entre unha fusión e unha
> > federación.
> >
> > > b) caso de desbotar a fusión, que fórmula legal considerades axeitada?
> >
> > Federación.
> >
> > > c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?
> >
> > NS/NC.
> >
> > > d) quen pode formar parte da asociación?
> >
> > Supoño que calquera organización que cumpra os criterios precisos (que
> > habería
> > que definir coidadosamente).
> >
> > > e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por
> > >  convite dunha asociación membro? por solicitude e votación? con
> > >  "auditoría" dun membro socio?
> >
> > Eu optaría por solicitude+votación. Pero non estaría de máis ter claro o
> > tipo
> > de organizacións que "cadrarían" coa federación.
> >
> > > f) aceptaríanse "patróns"? con ou sen dereito a voz? persoas físicas
> > > e/ou xurídicas?
> >
> > Non entendo moi ben a pregunta, pero por se ten algo que ver: coido que a
> > federación sería a unión de organizacións, polo que persoas individuais
> > non terían sentido para min.
> >
> > > g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da
> >
> > federación?
> >
> > Boa pregunta.
> >
> > > h) como se mide o peso relativo das asociacións dentro da federación?
> > > ecuánime? proporcional a número de socios activos? proporcional a
> > >  contribución económica?
> >
> > Ao mellor se podería definir unha contribución fixa por persoa para a
> > federación, que dita contribución se realizase baixo o amparo dunha ou
> > máis organizacións (eu, Adrián Chaves Fernández, contribúo coa taxa anual
> > establecida coma membro de Trasno e X Software Libre, polo que conto coma
> > un
> > membro activo en cada unha destas dúas organizacións).
> >
> > Ë o método que se me ocorre agora mesmo para contar de xeito medianamente
> > fiable a cantidade de "membros activos".
> >
> > De todos xeitos, se ben as discusións as levarían a cabo representantes
> > de cada organización, ao mellor as votacións deberían facerse de xeito
> > individual, ou que en lugar de ter un voto cada asociación, presentase os
> > votos correspondentes aos seus membros activos.
> >
> > Realmente non sei se me expliquei ben XD
> >
> > > i) que tipo de poder debería ter a federación sobre das actividades dos
> > >  LUGs? laxo? férreo? intervencionista? non intervencionista?...
> >
> > Eu o vexo coma unha forma de diálogo e toma conxunta de decisións, pero
> > non creo que a federación debese ter poder sobre as organizacións. Se
> > trata de colaborar naqueles puntos en que coincidamos, non de forzar a
> > uns a colaborar
> > naqueles puntos en que non coinciden.
> >
> > > j) que tipo de directiva tería a federación?
> > > {presidente/vicepresidente/secretario/ tesoureiro} +...?:
> > > vicetesoureiro, vogais...
> >
> > NS/NC.
> >
> > > k) que se precisa da federación ou outra figura legal que se constitúa?
> > >  p.ex contratación de asesoría
> >
> > Espero que non. Hai que minimizar gastos.
> >
> > > l) condición de expulsión dos asociados?
> >
> > Supoño que de estaren de acordo na expulsión todas as organizacións
> > membros menos o posible expulsado, a expulsión debería facerse efectiva.
> > Pero outros
> > casos habería que pensalos a fondo.
> 

Responderlle a