Adxunto a miña resposta anterior, que se me foi a pinza e mandeilla só a
Miguel.

PD: por certo, a ver se se pode solucionar xa o tema ese de darlle a
respostar e que o faga directamente á lista e non ó remitente particular,
que me armo cada barullo con tanta lista e tanto procedemento...

---------- Forwarded message ----------
From: Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2009/12/9
Subject: Re: [ASOCIACIÓN][VOTACIÓN] Reunión Federación LUGs
To: Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>


Moi boas.

Como xa manifestei noutro fío anterior sobre este tema, estou totalmente en
contra de formar parte desa federación/asociación/oquesevosocorra. Teño as
miñas razóns tanto xerais coma persoais, aínda que considero que esta lista
non é o sitio para expoñelas (se alguén ten interese en coñecelas, non teño
problema en comentarllo en privado).

Imaxino que pode haber algún trasnego máis da mesma opinión e por iso, se
non hai ninguén en contra, gustaríame que se incluíse esta opción entre as
propostas para que poida ser tida en conta.

Un saúdo,

                 Alejo Pacín.

2009/12/8 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>


> Ola,
>
> O pasado Sábado n'A Estrada celebrouse unha segunda reunión sobre da
> posible
> formación dunha federación de LUGs. Acudín representando a  A. Proxecto
> Trasno
> e estivo ademais o noso vice M. Bouzada en calidade de representante de
> GALPON. Supoño que Denís nun par de días pasará a acta e eu remitiréivola.
> Entre tanto dou conta do esencial da discusión:
>
> 1. Asistiron (se non recordo mal): GLUG, GHANDALF, GALITE, GALPON e A.
> PROXECTO TRASNO. Fóra destes, algún grupo xa manifestou que non
> participaría
> na federación (p.ex GPUL) e outros nin contestaron
>
> 2. Non se chegou a ningún acordo firme neste momento bardante de volver a
> nos
> reunir o 6 de Febreiro en Lugo e levar unha serie de discusións ós nosos
> respectivos grupos/asociacións.
>
> 3. Expuxéronse motivos en favor da Federación e tamén algún punto en
> contra.
> As posturas foron dispares neste aspecto.  Denís (representando a GLUG)
> expuxo
> como posibilidade que os LUGs se foran fusionando; o que evitaría formar
> unha
> federación. GHANDALF, recén constituídos, posicionaronse absolutamente en
> contra  de formar parte dun proceso de fusión e manifestaron que se
> retirarían
> das discusión se así se decidise.  Pola nosa parte eu manifestei que, inda
> que
> máis que desexable, a a fusión tería sentido no ámbito dos LUGs, mais que a
> federación podería servir para acoller a asociacións do software libre que
> non
> son sensu stricto LUGs, como grupos de desenvolvedores, tradutores coma
> nós,
> ou mesmo asociacións. Ben é certo que se podería fundar o reformar unha
> asociación para acoller unha serie de obxectivos moito máis amplos. Así que
> discutido este punto traballouse omitindo a definición legal do que se vaia
> a
> facer, discutíronse unha serie de puntos do que debería esa forma legal
> contribuír a cada grupo. Do cal deduzo que sería posible valorar outras
> alternativas legais á federación (= asociación de asociacións),
> (fundación?,
> instituto?), fusión de asociacións...
>
> 4. Da reunión anterior e desta, si que hai acordo en que a asociación sería
> de
> "-o que sexa- software libre" e non "---- Linux" (non sei que me explico) e
> que os asociados terían que ser asociacións sen ánimo e lucro, e ollo!
> porque
> isto implicaría que AGASOL podería formar parte da asociación. Neste
> sentido
> eu manifesteime a favor, inda que é unha opinión non consensuada aquí.
>
> 5. Falouse do peso relativo de cada asociación dentro da "federación".
> Aceptouse que para as discusións previas á federación cada asociación
> tivera o
> mesmo peso (1 asociación, 1 voto). Igualmente valorouse que inicialmente
> podería ser o mesmo para a federación. Outras alternativas válidas
> legalmente
> sería que cada asociación tivera peso segundo o financiamento ou segundo o
> número de socios activos. En función da contribución económica foi case que
> desbotada. A contribución por número de socios _activos_ é difícil de
> definir
> e valorouse como complexa.
>
> e seguro que se falaron máis cousa que agora non recordo e que seguro
> Miguel
> pode ter a ben aportar :)
>
> Polo tanto, preguntas de cara a seguinte reunión ( e que necesito que
> tódolos
> socios fundadores contestedes... tranquilos, tedes dous meses) :
>
> a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?
> b) caso de desbotar a fusión, que fórmula legal considerades axeitada?
> c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?
> d) quen pode formar parte da asociación?
> e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por
> convite
> dunha asociación membro? por solicitude e votación? con "auditoría" dun
> membro
> socio?
> f) aceptaríanse "patróns"? con ou sen dereito a voz? persoas físicas e/ou
> xurídicas?
> g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da federación?
> h) como se mide o peso relativo das asociacións dentro da federación?
> ecuánime? proporcional a número de socios activos? proporcional a
> contribución
> económica?
> i) que tipo de poder debería ter a federación sobre das actividades dos
> LUGs?
> laxo? férreo? intervencionista? non intervencionista?...
> j) que tipo de directiva tería a federación?
> {presidente/vicepresidente/secretario/ tesoureiro} +...?: vicetesoureiro,
> vogais...
> k) que se precisa da federación ou outra figura legal que se constitúa?
> p.ex
> contratación de asesoría
> l) condición de expulsión dos asociados?
>
> e penso que non me esquence nada.
>
> Como só estou pedindo a opinión de cara a preparar a seguinte reunión,
> iremos
> aplicando o artigo nº28 e nº29.4 dos estatutos segundo vaiamos avanzando no
> debate.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a