Eu tamén o traduciría.
ToDo -> Pendentes?
José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
2009/12/21 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>:
Particularmente, eu optaría por non traducilo. Considero que é un neoloxismo
amplamente empregado e coñecido, para o que non é preciso explicación
[conste que, no seu momento, eu non collín o a orixe á primeira (torpe que é
un), pero si que entendín perfectamente a que se refería].
2009/12/21 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
Estou coa tradu de gToDo, que é unha lista de tarefas pendentes, e estaba
a preguntarme se traducir todo (ToDo) por "por facer (PorFacer) etc...
admitense suxestións :-)
É delicado, non tanto porque estea xa implantado ou non, senón porque
podemos escarallar algo (non neste caso en concreto, senón no caso de
que decidísemos traducir sempre os "TODO"). Explico un caso que
coñezo: Dentro de geany-plugins hai un que se chama "tarefas
pendentes" (ou algo así) que fai unha cousa ben parva: Mira nos
comentarios do código que esteamos a editar e presenta, na parte de
abaixo, unha lista de cousas pendentes. Por exemplo, se atopa un
"/*TODO: engadir o resultado máis tarde*/", embaixo pon o de "engadir
o resultado máis tarde".
Así que... nada, sentidiño. Que se cadra nese programa pasa algo
parecido (ou noutros...).
Polo demáis: eu traduciríao. É coma o de "To Be Continued..." das películas...
--
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
.xlsx, .ppt, .pptx
Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org