Boas! Entre que ultimamente non teño tempo para nada e cos cambios que houbo, non teño moi claro quen está levando a tradución do Firefox.
O asunto é que acabo de instalar a versión 3.6, e na páxina "whatsnew" que aparece na primeira execución [1] hai uns cantos erros e unhas cantas traducións que non sei se son correctas, pero cando menos chócanme moito: "bitácula": non coñecía esa palabra, na lista de trasno falárase de usar "blogue". "Adhira o Facebook": queda rarísimo... tal vez se podía utilizar a terminoloxía da tradución ao galego do Facebook, con algo como "faite seareiro no Facebook" "Escolla o seu Persona": non sei se se pode, xa que iso de Persona é o nome que lle dan aos temas, pero non se podería poñer polo menos entre comiñas? ("Persona"). Ao instalar un "Persona", na barra superior aparecen "desfazer" e "xerir temas". Non serían "desfacer" e "xestionar temas"? Un saúdo! Felipe. [1] http://www.mozilla.com/gl/firefox/3.6/whatsnew/