En 2010/05/18 10:30, Fran Dieguez escribiu:
> Totalmente de acordo con damufo.
>
> O Mar, 18-05-2010 ás 10:07 +0200, damufo escribiu:
>> Boas:
>>
>> Sobre a cuestión de adhesión ou non.
>>
>> Eu miraría o manifesto. Desde o meu punto de vista contra quen vai o
>> manifesto é contra quen fixo/apoiou o decretazo. O cal, desde o meu
>> punto de vista, o que fai é tratar de aniquilar a nosa lingua.
>>
>> Estamos de acordo co decretazo?
>> No caso de estar de acordo, entendo que non se asine.
Sinto a errata (falta un NON), aquí quería dícir
No caso de NON estar de acordo, entendo que non se asine.
E agora engado: E se se está de acordo pois habería que asinalo.
>>
>> De non estalo, na miña opinión, penso que habería que tomar posición
>> ante unha agresión tan grave cara nosa lingua.
>>
>> Sen ánimo de ferir sensibilidade algunha, se recibir axuda da xunta, vai
>> condicionar a liberdade de expresión da asociación, penso que habería
>> que re-formularse se se quere dita axuda de dita institución.
>>
>>
>>
>> En 2010/05/18 08:47, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>> Boas.
>>>
>>>> De feito, o goberno actual
>>>> ao que directamente critica o Queremos Galego (e non sen motivo, que 
>>>> conste) é
>>>> o que máis beneficiou (ou vai beneficiar) a Trasno ou as asociacións de
>>>> usuarios de GNU/Linux de Galicia.
>>>
>>> Non te enfades comigo e menos isto non entra neste debate. Pero o que
>>> dis aquí non ten moita base. Xa me dirás en que está beneficiando o
>>> goberno actual ao Software Libre e máis aos grupos de usuarios. Ou non
>>> sabes o que se fixo co anterior goberno ou non sabes o que está facer
>>> iste. Teñen moitas intencións pero por agora todo se queda en
>>> intencións.
>>>
>>> Soamente che vou dar unha cifra, 800.000 € se van gastar este ano en
>>> Software Libre, dito por eles na última reunión. O que para eles en
>>> anos de crise é unha pasada, como dixo Mar Pereira. A min paréceme
>>> ridícula, nin sequera son unhas "migas" do que lle sobra. E bon, non
>>> falemos xa do posible trato de favor, dos tempos e de como están a
>>> contar connosco. Basicamente están a improvisar e a día de hoxe, a
>>> cousa pinta peor que co anterior goberno e simplemente están a renovar
>>> o que xa había pero a súa maneira na que non nos están deixando moita
>>> marxe de manobra.
>>>
>>> Pero bueno, é unha impresión sesgada e parcial dalguén que non sabe
>>> moito de Software Libre nin de Galicia nin de como se deberían facer
>>> as cousas.
>>>
>>> Unha aperta.
>>>
>>> PD: o ton non vai con mal, non me estou metendo con ninguén pero é que
>>> me dá rabia que a xente pense que isto vai ben e non é así.
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto en trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a