Antes de que me esqueza, só unha cousa o arquivo de guionización que fixera
eu non está nin rematado nin revisado. Hai outro moito mellor que se fixo en
Mancomún, que está documentado e que debera ser o que se distribuíse (supoño
que será o de https://forxa.mancomun.org/projects/hyphenation-gl/).

Quería comentar un par de reflexións sobre as mensaxes de erros no fío
anterior. Paréceme completamente inviable manter un paquete cun dicionario,
que se vaia adaptando ao gusto da/o usuario/a para que non lle subliñe este
caso en concreto ou o outro. Por exemplo: antidoping, metemos doping ou é
dopaxe? metemos antidoping porque alguén o propuxo nun foro e non resolvemos
ningunha outra construción co prefixo anti- (porque o verificador non coñece
ningunha forma con este prefixo)? Quen elabora a regra que lle diga a
hunspell que analice como un prefixo? Quen revisa todo o dicionario de cada
vez e vai marcando lema, ti si ti non, vas adoptar a regra? Con que criterio
e con que fiabilidade? Como se revisa que as modificacións non introduzan
ruído no funcionamento xeral do corrector?
Outro exemplo: adstrinxencia, adstrinxencia está no VOLG e non está no
dicionario? cal é a fonte do dicionario? como está de actualizado? Incluímos
o que se demande?  Inclúense os neoloxismos consensuados?
O asunto, para min, ten a súa importancia, distribúese un dicionario porque
está aí, 'liberado' (o arquivo de afixos aínda fai mención, cando fala da
licenza, a que emprega as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma
galego, suponse que para as cuestións morfolóxicas porque esa obra non é un
dicionario, pero en ningures se di nada do dicionario; alguén o verificou
con algunha fonte? alguén o vai facer?). Na miña humilde opinión, o
dicionario que se distribúa debería coincidir cunha fonte fixada
academicamente e reflectir o comportamento das normas 100%. Non contar cunha
fonte documentada converte o dicionario nunha cuestión de fe, maleable a
gustos ou caprichos. E refacelo a partir do VOLG non é ningunha coña nin
leva 5 minutos.
Ademais da versión de distribución, parece que comeza a haber posibilidades
de que hunspell e algúns editores, manexen dicionarios adicionais, tanto
persoais (onde cada quen pode poñer todo o que non lle gusta que o
verificador lle subliñe) coma especializados (estaría estupendo que as/os
médicos/as puidesen contar cun de medicina, que se elaborase e se
distribuíse un de localización...) que poderían ser a saída para o que non
estea fixado normativa ou convencionalmente.

E outra cousa máis, falo de memoria, pero nos arquivos .aff do aspell (pode
ser que ispell, xa non sei; os de mínimos, para entendérmonos) hai regras de
sufixación (superlativos de adxectivos, prefixos e sufixos) que,
directamente ou como orientación nunha revisión, poderían enriquecer moito
versión actual dos arquivos do verificador. MySpell/Hunspell superou a
aspell (supoño que algúns de vós aínda tendes en mente as esclarecedoras
explicacións de Ramom Flores para adecuar aspell á norma) na recursividade,
que en galego soluciona a adición de pronomes enclíticos (sobre unha base xa
formada en MySpell/Hunspell de raíz de dicionario + sufixo flexivo). No
entanto, as regras de afixación para adxectivos, substantivos... son
similares ás de aspell (porque non precisan recursividade).
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100530/92d0bd64/attachment.htm>

Responderlle a