Abreviaturas de materias e disciplinas científicas habituais

Debo recoñecer que teño moitas reticencias a introducir un debate sobre os 
criterios do corrector, e as notas da wiki só son apuntamentos para a 
reflexión pero xa que o pides directamente:

Como argumentación, a súa introdución ou non cómpre vela como unha 
cuestión de produtividade. O corrector só debería marcar aquilo que 
realmente pode ser un problema de corrección pero ter un nivel para "aceptar" 
a maior parte do escrito. Naturalmente hai un límite á exhaustividade que o 
pon a rendibilidade ortográfica e a velocidade de corrección e o acerto na 
suxestión de corrección (para iso serían necesarios estudos estatísticos 
que non podemos facer).

Unha cousa é ser moi estritos co Volg, ou as NOMIG da RAG respecto do que 
estas condenan explicitamente. Sería grave que o corrector dese como válido o 
que non o é. Outra cousa é o que estas fontes non recollen (moitísima parte 
do idioma) e que debe ser recoñecido como normal nun corrector.

Desde ese punto de vista, o corrector, a través do OOo.org por exemplo, é de 
uso moi habitual en ámbitos académicos e administrativos, así que nestes 
ámbitos o corrector debe ser moito máis "comprensivo" que noutros. O 
corrector non debería ser unha copia do Volg (nunca o podería ser) senón 
cumprir os seus propios obxectivos: Utilidade para o usuario e fiabilidade.


Pódense meter comentarios no ficheiro .dic?
Digo para manter un certo agrupamento destas series, diferenciado do léxico 
xeral.


(nótese a presencia obrigatoria do punto)

Acúst.
Aerod. 
Agr.
Alim.
Álx.
Anat.
Antrop.
Arit.
Arq.
Arqueol.
Arquit.
Astrof.
Astron.
Biol.
Bioq.
Bras.
Bot.
Com.
Der.
Ecol.
Econ.
Electr.
Electrón.
Enol.
Enxeñ.
Estat.
Farm.
Filos.
Fís.
Fisiol.
Fon.
Fonol.
Fot.
Gram.
Heráld.
Hidrol.
Hist.
Inform.
Ling.
Lit.
Mat.
Mec.
Med.
Metal.
Meteor.
Metrol.
Mil.
Miner.
Mit.
Mús.
Odont.
Oftal.
Ópt.
Ornit.
Paleont.
Pol.
Psic.
Psiq.
Quím.
Rel.
Sociol.
Tecnol.
Telecom.
Teol.
Topog.
Veter.
Vitic.
Xen.
Xeogr.
Xeol.
Xeom.
Xeomorf.
Xurisp.
Zool.


------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100601/6b7eb5f8/attachment-0001.htm>
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: signature.asc
Type: application/pgp-signature
Size: 563 bytes
Desc: OpenPGP digital signature
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100601/6b7eb5f8/attachment-0001.pgp>

Responderlle a