2010/7/2 Xabier Villar <xabier.villar en gmail.com> > > > 2010/7/2 Antón Méixome <certima en certima.net> > >> Despois de consultalo un chisco: >> >> Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) será >> difÃcil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete incorrecta. >> Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico: >> >> A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar o >> pronome ( InstalouNOS a NOS ese aplicativo) >> A + un, outro... >> A + todo/s... >> A + calquera >> ... >> >> Exemplo : querÃa tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o >> outro) >> >> A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a forma >> "moderna" en galego...) >> >> Sempre voto aos meus/os meus >> Atopei aos/os demais confundidos >> >> O problema está a partir de aquÃ. >> >> Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o SUX >> con el. >> Esa é a realidade do idioma pero aquà está o debate. >> >> A radio informa os/aos composteláns >> As manchas de sangue delataron o/ao ladrón >> >> Eu optarÃa pola forma máis conservadora: >> >> A radio informa os composteláns >> As manchas delatan o ladrón >> >> Por que hai debate? >> Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués (segundo >> din algúns autores aÃnda que a min me sorprende ese dato) o galego presenta >> unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o SUX >> (o >> axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é >> precisamente a estrutura contraria ao habitual >> >> O neno vence as dificultades (+humano, -humano) Como se pode ver non >> aparece o -A- >> O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano) Pode aparecer o -A- como >> reforzo >> A primavera vence o inverno (-humano, - humano) Idem >> >> >> Creo que quedan claras dúas cousas >> >> - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas construcións >> correctas como para considerar algunhas delas incorrectas >> - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode >> perfectamente variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo >> fortemente presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos >> resistencia, acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquà de >> "restaurar" senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo. >> >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> Proxecto en trasno.net >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> > Eu non entro a discutir en termos gramaticais, porque non teño moita idea, > pero sempre me guiei polo que acostumo a oÃr na fala. Tal e como ti escribes > as frases > > > A radio informa os composteláns > As manchas delatan o ladrón > > eu lerÃaas con o pechado, mentres que se eu constrúo a frase dirÃao con o > aberto, representando a + os/o, e polo tanto escribirÃao con til. Imaxino > que é unha de tantas variantes locais, ou pode ser influencia do castelán (a > intuición dime que non, pero...); coméntoo por se aporta algo ó debate. >
Ola Xabier, agradézoche o comentario Non son variantes locais, senón máis ben xeracionais. Os falantes máis novos, por influencia do castelán evidente, tenden a construÃr como dis ti con "o" aberto (é dicir con A+O). à correcto? A Norma non di nada porque non entra ata o dÃa de hoxe en cuestións sintácticas. Se cadra cunha perspectiva comparativa co castelán vese máis claro: Eu creo que se trata dun lÃmite que non debemos pasar entre idiomas: mentres o castelán constrúe con OI o galego faino tradicionalmente con OD, como se pode comprobar cunha substitución pronominal A radio informa os composteláns > Infórmaos / *Informalles La radio informa a los compostelanos > Les informa / *Los informa As manchas delatan o ladrón > delátano / *delátanlle Las manchas delatan al ladrón > Le delatan / Lo delatan (?) CONCLÃO Que, permitir hoxe en dÃa o uso da preposición no rexistro escrito, é deixar pasar un castelanismo moi grave porque afecta á estrutura tradicional do idioma, altera as semántica e leva a non diferenciar o OD do OI. E iso sen entrar nos problemas de laÃsmo e leÃsmo do castelán, que esa é outra. > A ver se se establece unha norma ó respecto, porque xa teño tendencia a > empregar «ó» por «ao» e similares, e se porriba debe ir sen til... :P > > SerÃa unha norma de estilo. Para min entra dentro da calidade de lingua e aplÃcoa como criterio de corrección por analoxÃa coas Normas: Sempre que se poida construÃr unha oración clara, sen ambigüidades e sen preposición A, debe preferirse a) por fidelidade ao estilo tradicional galego e b) por harmonÃa co portugués c) por pragmatismo que lle permita ao usuario distinguir o que é preciso distinguir Se o prefires, en relación cos principios da Norma ortográfica da RAG Principio 1 «... a norma debe acoller un galego fiel a si mesmo e limpo de canto de alleo innecesario hai incrustado na fala viva pola presión do cas- telán. à dicir, a lingua común debe ser o máis galega posible, establecida sen sometementos nin dependencias, con atención escrupulosa á estrutura e caracterÃsticas lingüÃsticas do galego.» Principio 3 3. O galego común debe seguir as boas tradicións da antiga lingua galega que sexan compatibles coa maneira de ser moderna da lingua, de xeito que as formas tradicionais sexan preferidas ás máis innovadoras e evolucionadas....» Principio 4 «As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, evitando que o galego adopte solucións insolidarias e unilaterais naqueles aspectos comúns a todas elas....» > -- > > Xabier Villar > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto en trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > ------------ próxima parte ------------ Borrouse un anexo en formato HTML... URL: <http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100706/03747039/attachment-0001.htm>