2010/7/8 Xose M (Pika) <pikamoku en gmail.com>:
>
>
> ------- Mensaxe Remitida -------
> De: "Xose M (Pika)" <pikamoku en gmail.com>
> A: proxecto en trasno.net
> Asunto: Re: preposición A
> Data: Thu, 08 Jul 2010 22:37:06 +0200
>
> En Thu, 08 Jul 2010 22:22:38 +0200, Antón Méixome <certima en certima.net>
> escribiu:
>
>> 2010/7/8 Antón Méixome <certima en certima.net>
>>
>>>
>>>
>>> 2010/7/7 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>>>
>>> 2010/7/2 Antón Méixome <certima en certima.net>:
>>>>
>>>> > Despois de consultalo un chisco:
>>>> >
>>>> > Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai)
>>>> > será
>>>> > difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete
>>>> incorrecta.
>>>> > Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:
>>>> >
>>>> > A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar
>>>> > o
>>>> > pronome ( InstalouNOS a  NOS ese aplicativo)
>>>> > A + un, outro...
>>>> > A + todo/s...
>>>> > A + calquera
>>>> > ...
>>>> >
>>>> > Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o
>>>> outro)
>>>> >
>>>> > A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a
>>>> forma
>>>> > "moderna" en galego...)
>>>> >
>>>> > Sempre voto aos meus/os meus
>>>> > Atopei aos/os demais confundidos
>>>> >
>>>> > O problema está a partir de aquí.
>>>> >
>>>> > Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o
>>>> SUX
>>>> > con el.
>>>> > Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate.
>>>> >
>>>> >   A radio informa os/aos composteláns
>>>> >   As manchas de sangue delataron o/ao ladrón
>>>> >
>>>> > Eu optaría pola forma máis conservadora:
>>>> >
>>>> >   A radio informa os composteláns
>>>> >   As manchas delatan o ladrón
>>>>
>>>> Entón en galego sería como en inglés, non?
>>>>
>>>> The radio informs the "composteláns"
>>>>
>>>
>>> Si
>>>
>>> Ollo cos automatismos... cando na oración aparece outro OD (ou
>>> semellante),
>>> o que leva A é xa un OI e daquela é obrigado o uso de A:
>>>
>>> A radio informa diso aos composteláns
>>>
>>>
>>>   A proper server always shows all files, but some broken servers hide
>>> files from the user.
>>>
>>>   Un servidor cun comportamento apropiado mostra todos os ficheiros
>>> mentres que algúns servidores disfuncionais OCÚLTANLLES FICHEIROS
>>> (--OD--)
>>> AOS USUARIOS (--OI--).
>>>
>>> Nese caso sería incorrecto dicir «ocúltanlles ficheiros os usuarios». 
>>> Non
>>> é
>>> que sexa incorrecto iso, é que significa outra cousa porque "os usuarios"
>>> é
>>> un SUX. Todo depende do verbo concreto e da construción que rexe para
>>> unha
>>> acepción determinada. A sintaxe das linguas latinas é moito máis
>>> significativa (relevante) cá do inglés.
>>>
>>>
>> Outro exemplo común
>>
>>  Use this option to force the server to show all files.
>>  Use esta opción para forzar o servidor a mostrar todos os ficheiros.
>>
> saúdos.
> estou a ler esta conversa con atención. Non podo máis que aprender, pero
> nos meus tempos da escola eso traducíase com
>
> "use esta opción para forzar o servidor a mostrar todolos ficheiros"
> ou incluso
>
> "forzalo"

En realidade sería:

 "use esta opción para forza-lo servidor a mostrar tódo-los ficheiros"
 "use esta opción para forzalo" (cando é pronome, vai sen o guión. Ou
creo recordar que era así...)

Penso que tanto isto como o de a+o = ó segue sendo válido, pero non
son as formas preferidas (ou algo así).

No "estilo escollido por Trasno" decidiuse non usar a segunda forma do
artigo, e máis o de "ao" en vez de ó, precisamente porque a RAG dicía
que eran as formas preferidas. Creo recordar. Poida que me estea a
trabucar. Se despois resulta que non era así, facede como que non
lestes este correo....

>
> ou incluso
>
> "use esta opción para forzar ó servidor a mostrar todolos ficheiros"
>
> ó coma contracción de ao. Non existe xa isto?
>
> non son correctas?
>>
>>>
>>>> > Por que hai debate?
>>>> > Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués
>>>> (segundo
>>>> > din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego
>>>> presenta
>>>> > unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o
>>>> > SUX
>>>> (o
>>>> > axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é
>>>> > precisamente a estrutura contraria ao habitual
>>>> >
>>>> > O neno vence as dificultades (+humano, -humano)  Como se pode ver non
>>>> > aparece o -A-
>>>> > O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)   Pode aparecer o -A-
>>>> como
>>>> > reforzo
>>>> > A primavera vence o inverno (-humano, - humano)   Idem
>>>> >
>>>> >
>>>> > Creo que quedan claras dúas cousas
>>>> >
>>>> > - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas
>>>> > construcións
>>>> > correctas como para considerar algunhas delas incorrectas
>>>> > - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode
>>>> perfectamente
>>>> > variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente
>>>> > presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos
>>>> resistencia,
>>>> > acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de
>>>> "restaurar"
>>>> > senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo.
>>>> >
>>>> >
>>>> > _______________________________________________
>>>> > Proxecto mailing list
>>>> > Proxecto en trasno.net
>>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>> >
>>>> >
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto en trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>>
>>>
>
>
> --
>
> -----------------  Xose M.  -----------------
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a