Ola.

Como traducimos premium cando se refire as funcionalidades preimum que
ofrece un servizo. Normalmente son as funcionalidades que che dan ao
pagar.

O servizo do que falamos é YouSendIt, que é un dos servizos que
emprega Thunderbird para enviar ficheiros de gran tamaño nos correos.

Sending files larger than 50 MB is a premium feature.

Non atopei nada en open-tran. En Kde aparece sen traducir.
No cluvi aparece sen traducir, ou como adicional, premium services,
servizos adicionais, para win.

Falando con Bouzada, falamos de:

Preferente
Mellorado
De pago

Eu optei por preferente, pero hai que discutilo e fixalo.

Algo que falamos pola mensaxaría:

http://www.wordhippo.com/what-is/another-word-for/premium.html

http://www.latinwordlist.com/latin-words/praemium-premium-23839143.htm
como ves correspondese con Reward e Prize
e usase tanto para indicar "de pago" como "mellorado"
que viría ser ... Premium Service → Servicio de pago , Srevicio
mellorado, incluso Servicio mellorado de pago

para acadar o servicio preferente, igual hai que pagar, rexistrarse,
ou está reservado/restinxido segundo x norma/condición

creo que p "premium" é unha opción do tipo "Pro", só que Pro entendese
máis como de empresa e Premium é máis xeneralista
insisto...

ao igual que Bouzada, pareceme que "Preferente", é unha opción
bastante aceptábel.

Un saúdo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a