Ola Adrián.

Pero non sabemos se é de pago, o de premium. Ten toda a pinta, pero eu
non o comprobei, podería ser que é o que comenta Bouzada, que ao
mellor hai que rexistrarse no servizo para que teñan os teus datos e
ofrecerche un servizo con máis funcionalidades.

A ver que opina máis xente. Teremos que distinguir os conceptos dese
termo e definir como se traduce en cada caso. Habería que metelo para
fixar na próxima Trasnada.

Saúdos.

2012/7/7 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> No caso concreto que comentas, eu empregaría «de pago», dado que entendo que o
> feito de que sexa necesario pagar é o que motiva que exista esa mensaxe («isto
> só o podes facer se pagas»).
>
> Agora si, ao traducir «premium» en calquera outro contexto, «preferente»
> paréceme o mellor. En xeral, cando «Premium» se traduza dende o punto de vista
> da empresa que ofrece o servizo, e á que non lle interesará falar de «de pago»
> (pois quere que o cliente pense no que gaña, non no que perde), «preferente»
> paréceme a única tradución viable.
>
> O Sábado, 7 de Xullo de 2012 18:47:14 Enrique Estévez Fernández escribiu:
>> Ola.
>>
>> Como traducimos premium cando se refire as funcionalidades preimum que
>> ofrece un servizo. Normalmente son as funcionalidades que che dan ao
>> pagar.
>>
>> O servizo do que falamos é YouSendIt, que é un dos servizos que
>> emprega Thunderbird para enviar ficheiros de gran tamaño nos correos.
>>
>> Sending files larger than 50 MB is a premium feature.
>>
>> Non atopei nada en open-tran. En Kde aparece sen traducir.
>> No cluvi aparece sen traducir, ou como adicional, premium services,
>> servizos adicionais, para win.
>>
>> Falando con Bouzada, falamos de:
>>
>> Preferente
>> Mellorado
>> De pago
>>
>> Eu optei por preferente, pero hai que discutilo e fixalo.
>>
>> Algo que falamos pola mensaxaría:
>>
>> http://www.wordhippo.com/what-is/another-word-for/premium.html
>>
>> http://www.latinwordlist.com/latin-words/praemium-premium-23839143.htm
>> como ves correspondese con Reward e Prize
>> e usase tanto para indicar "de pago" como "mellorado"
>> que viría ser ... Premium Service → Servicio de pago , Srevicio
>> mellorado, incluso Servicio mellorado de pago
>>
>> para acadar o servicio preferente, igual hai que pagar, rexistrarse,
>> ou está reservado/restinxido segundo x norma/condición
>>
>> creo que p "premium" é unha opción do tipo "Pro", só que Pro entendese
>> máis como de empresa e Premium é máis xeneralista
>> insisto...
>>
>> ao igual que Bouzada, pareceme que "Preferente", é unha opción
>> bastante aceptábel.
>>
>> Un saúdo.
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a